Tal e como se anunciou na Circular 16 2026, convocouse a vixésimo segunda edición dos Premios COAG de Arquitectura (2024-2026), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ou, no caso da categoría “Obra e Planemento no exterior”, fóra de Galicia realizadas por polo menos un/a arquitecto/a colexiado no COAG.
A continuación figuran as indicacións para acceder ao enlace de presentación de candidaturas.
As obras presentadas deberán ter sido rematadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2026.
As categorías destes premios son as seguintes:
1.- Vivenda Unifamiliar.
2.- Vivenda Plurifamiliar.
3.- Outros edificios.
4.- Obras de rehabilitación patrimonial e restauración.
5.- Obras de Deseño Interior.
6.- Arquitecturas Efémeras e Deseño de pequena escala.
7.- Planificación Urbana.
8.- Deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo.
9.- Divulgación e Investigación.
10.- Proxecto Fin de Carreira.
11.- Obras e Planeamento no exterior.
12.- Categoría especial: Premio a toda a Traxectoria Profesional.
O prazo de presentación das propostas remata ás 23:59 horas do luns 11 de xaneiro do 2027.
Plataforma web para a presentación de candidaturasPara presentar as candidatuas deberase acceder co usuario e contrasinal da web do COAG. Para a categoría de Premios Fin de Carreira, e os arquitectos colexiados noutros Colexios de Arquitectos de España ou no estranxeiro, que non dispoñan de usuario e contrasinal da web do COAG, deberán obter a incorporación na base de datos do COAG como arquitectos procedentes doutros Colexios de Arquitectos. Este trámite debe realizarse seguindo as indicacións dispoñibles na seguinte ligazón:
Alta de usuario (só arquitectos non colexiados para a presentación na categoría de Proxecto de Fin de Carreira, ou arquitectos colexiados no estranxeiro)Por último, en relación co premio á traxectoria profesional, a Xunta de Goberno na súa sesión 20/2026 de 15 de outubro adoptou o seguinte ACORDO:
CONCEDER O PREMIO Á TRAXECTORIA PROFESIONAL AO D. FERNANDO BLANCO GUERRA, COLEXIADO Nº 230.
