O mércores 4 de novembro, ás 12:00, o COAG celebra unha nova xornada na que Ricardo Prieto Antúnez e José Miguel Benítez Rebollo, de Normatia, abordarán as posibilidades e limitacións da intelixencia artificial aplicada á consulta e verificación da normativa de edificación. Analizaranse os principais riscos destas ferramentas, como as respostas erróneas, as referencias normativas inexistentes ou desactualizadas, e exporanse boas prácticas para garantir a fiabilidade, trazabilidade e adecuada verificación da información.
No ámbito BIM, mostraranse exemplos prácticos de integración da intelixencia artificial nos procesos de comprobación normativa de modelos dixitais, mediante ferramentas de modelado e arquivos IFC. Abordaranse aplicacións relacionadas coa seguridade contra incendios, a accesibilidade e a eficiencia enerxética, destacando as posibilidades de automatización, as súas limitacións e a importancia da supervisión técnica.
Ricardo Prieto Antúnez é arquitecto, desenvolvedor de software e emprendedor tecnolóxico, cofundador e Responsable de Produto e Tecnoloxía de Normatia, empresa especializada no desenvolvemento de software impulsado por intelixencia artificial orientada á normativa do sector da edificación e construción. José Miguel Benítez Rebollo, arquitecto técnico, BIM Coordinator e Autodesk Certified Professional (ACP), exporanos como conectar o modelo BIM coa verificación normativa en tempo real mediante linguaxe natural.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria a inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora 
