Concurso de proxectos para a rehabilitación do Edificio Claustral do Pazo de Arenaza, en Oleiros

15 Out 2026

O presente concurso ten como finalidade seleccionar a mellor proposta de rehabilitación do edificio claustral do Pazo de Arenaza para a ampliación do seu espazo de traballo colaborativo. A Deputación provincial da Coruña busca, a través deste anteproxecto, dispor de novos de espazos de coworking de calidade, cun deseño contemporáneo, que se integren de maneira harmoniosa no edificio claustral do Pazo de Arenaza e establezan unha correcta relación coa edificación principal do devandito pazo.

A intervención deberá ser coherente nas solucións adoptadas cos criterios xerais de intervención na Rede Provincial de Espazos de Traballo, priorizando, ademais, a calidade arquitectónica, a sustentabilidade enerxética e medioambiental.

PROGRAMA DE NECESIDADES

Como se describiu anteriormente, o presente concurso de proxectos xorde da necesidade de ampliar o espazo de traballo colaborativo, coworking, para poder albergar novas actividades no centro, a través da rehabilitación do edificio claustral do Pazo de Arenaza. Para cumprir o devandito obxectivo establécese o seguinte programa de necesidades..

Porche

  • Espazo exterior cuberto: considérase que se debe conservar o espazo exterior cuberto nunha porcentaxe mínima do 30% respecto do total da superficie do claustro en planta.

Sala de presentacións e eventos

  • 1 sala de suficiente superficie e altura para presentacións das startups, exposicións dos talleres e eventos complementarios á formación impartida no Pazo de Arenaza. Considérase como superficie útil mínima 60 m² e débese optar por unha xeometría adecuada cunha proporción que facilite a organización destes actos.

Módulos Pop-ups

  • 4 módulos de 15 m² de superficie útil mínima, , dotados de instalacións completas, así como iluminación e fontanería adecuadas para traballos manuais.

Aseos

  • Dotación de aseos comúns que poden estar centralizados para os diferentes usos.

Instalaciones

  • Cuarto de instalacións técnicas, cunha superficie útil mínima de 20 m².
  • Instalacións completas para a superficie ampliada.
  • Ampliación das instalacións comúns eléctricas e térmicas (sala de caldeiras) para a nova dimensión do establecemento.

Luz natural

  • Débense implementar os mecanismos necesarios para mellorar ou incrementar a entrada de luz natural nos distintos espazos, sen entrar con iso en contradición coas necesidades de oscurecemento de determinados espazos.

Criterios xerais de intervención na Rede Provincial de Espazos de Traballo

  • O proxecto e a obra deberá ser coherente nas solucións adoptadas cos criterios xerais de intervención na Rede Provincial de Espazos de Traballo, anexo 8 destas bases técnicas, nos que resultan de especial importancia a accesibilidade universal, a adaptación ambiental da arquitectura, a ecoloxía dos materiais construtivos e dos procesos propios de obra, a eficiencia enerxética do edificio resultante e as cuestións de integración  de xénero

06. PRESUPOSTO DE EXECUCION MATERIAL E DE CONTRATA

Para o cálculo do custo e tendo en conta a súa localización en Galicia, neste caso pódese estimar un rango aproximado de 769,94 €/m2 de Orzamento de Execución  Material (PEM) para unha superficie aproximada dun 345 m2 segundo ficha catastral. Con isto resulta un custo estimado de execución material de 265.630,00 €. Con todo, o custo final estará condicionado pola selección de materiais, a complexidade da solución proposta de rehabilitación  e outros factores inherentes ao proxecto.

Ascendendo, por tanto, o orzamento de contrata, engadindo o correspondente 6% de gastos xerais, 13% de beneficio industrial e 21% de IVE, a 382.480,64 €.

A proposta deberá incorporar e acreditar a súa viabilidade económica.

Orzamento basee de licitación sen impostos: 25.208,30 Euros
Valor estimado do contrato: 31.208,30 Euros

Prazo de Execución: 2 Meses

HONORARIOS DE ANTEPROXECTOS: valor total: 11.000,00 € + IVE de acordo ao seguinte desglose:

HONORARIOS CORRESPONDENTES AOS ANTEPROxECTOS SELECCIONADOS IMPORTE
1º seleccionado (proposta ganadora) (*) 5.000,00 € + IVE e adxudicación do contrato de servizos de redacción de proxecto e codirección de obra de arquitecto/a.
2º seleccionado 3.000,00 € + IVE
3º seleccionado 3.000,00 € + IVE
Total honorarios correspondentes aos anteproyectos seleccionados 11.000,00 € + IVE

 

CONCEPTO CUANTÍA 21% IVE TOTAL
Proxecto básico e de Execución con Estudio de Seguridade e Saúde (todas as posibles fases) 17.664,40 € 3.709,52 € 21.373,92 €
Codirección de obra (50%) y documentación final 7.543,90 € 1.584,22 € 9.128,12 €
Total honorarios (*) 25.208,30 € 5.293,74 € 30.502,04 €

(*) O importe dos honorarios correspondentes ao anteproxecto seleccionado como gañador terá o carácter de pago a conta e deducirase dos honorarios totais da redacción do proxecto básico e de execución, coa regularización de impostos que no seu caso haxa que realizar.

Prazo de Presentación de Ofertas:
• Ata o 27/11/2026 ás 23:59 h.

ENLACE ÁPLATAFORMA DE CONTRATACIÓN DO SECTOR PÚBLICO

Compartir