Pulpada de San Froilán do COAG Lugo 30 outubro

13 Out 2026

¡Vémonos na Pulpada de San Froilán do COAG Lugo! 🐙✨

Estimados compañeiros e compañeiras:

Queremos que este San Froilán sexa un punto de encontro para todos e todas, unha oportunidade perfecta para reencontrarnos, poñernos ao día e compartir un bo momento arredor dunha boa mesa.

Prezo especial: 22 € por colexiado/a (Menú valorado en 42 € | O COAG Lugo subvenciona 20 €)

Detalles do evento:

  • 📅 Data: Venres, 30 de outubro
  • 🕒 Hora: 15:00 h
  • 📍 Lugar: Caseta do pulpo J. Ferreiro
  • 💶 Prezo: 22 € / colexiado e colexiada (prezo orixinal do menú: 42 €)

Menú:

  • Empanada variada
  • Xamón cocido
  • Pementos de Mougán
  • Pulpo e cachelos
  • Cañas e tellas
  • Viño tinto Mencía Ribeira Sacra, auga e café

Inscricións: Para poder organizar a reserva das prazas na caseta, pregámosvos que vos apuntedes a través do seguinte formulario antes do 23 de outubro:

👉 [Ligazón ao formulario de inscrición]

¡Anímate e participa!

Un saúdo,

Xunta Directiva do COAG Lugo

Compartir