Faladoiro de arquitectura + magosto colexial

13 Out 2026

O mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arqutictos de Galicia, terá lugar un fabuloso Faladoiro de Arquitectura ao que seguirá un rico Magosto colexial!!!

Participarán no Faladoiro 5 equipos de arquitectura:

  • Pablo Midón
  • Martín Álvarez
  • Nerea López Bolón, Nazaret López Díaz, Cecilia Martínez Miranda e Alba Núñez Sobral
  • Rosa Vilas Romalde e Sergio Beceiro Lodeiro
    Anta arquitectos
  • Juan Esturao, Ana Irisarri e José Manuel Usabiaga
    Beira arquitectura

O Faladoiro, en formato de 5 X 20 minutos, está inspirado no elemento arquitectónico que en Galicia recibe ese mesmo nome, así como nos elementos da paisaxe que recollen a idea de lugar para falar e escoitar, como poden ser a Pena da Faladoira e a Pena da Escoitadoira; das que se di que unha pena fala e a outra escoita.

Máis info:

Pablo Midón

https://pablomidon.com/homepage

Martín Álvarez

https://www.malvaarquitectura.com/

Nerea López Bolón, Nazaret López Díaz, Cecilia Martínez Miranda e Alba Núñez Sobral

Rosa Vilas Romalde e Sergio Beceiro Lodeiro de Anta arquitectos

https://www.antaarquitectos.es/estudio-quienes-somos/

Juan Esturao, Ana Irisarri e José Manuel Usabiaga de Beira arquitectura
https://www.beiraarquitectura.com/beira-arquitectos-santiago-compostela-a-coruna/

Despois do Faladoiro celebraremos un MAGOSTO COLEXIAL, con castañas recén asadas polos castañeiros da Praza de Lugo da Coruña e tortas de castaña recén chegadas dos soutos do Courel; unha forma de celebrar o talento arquitectónico cun froito que forma parte dunha cultura e dunha paisaxe milenarias.

Agardámosvos a todos/as para compartir unha velada chea de amizade, compañeirismo e os mellores desexos para a nosa profesión!

Compartir