A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza o vindeiro luns 26 de outubro, ás 18:30 horas, unha visita guiada ao Hostal dos Reis Católicos, unha oportunidade para coñecer de primeira man os criterios de intervención e as solucións técnicas aplicadas na restauración deste emblemático edificio histórico.
A visita estará conducida polo arquitecto responsable do proxecto de restauración, Fernando Cobos, que acompañará as persoas asistentes nun percorrido polo inmoble para explicar as decisións arquitectónicas e construtivas adoptadas, así como os principais retos que supón intervir nun edificio de excepcional valor patrimonial.
A actividade dá continuidade á conferencia Restauración do Hospital dos Reis Católicos. Criterios e solucións técnicas, organizada polo COAG Santiago, na que se abordaron os fundamentos históricos e metodolóxicos da intervención e as solucións empregadas para compatibilizar a conservación dos valores arquitectónicos do edificio coa súa funcionalidade actual.
O percorrido permitirá afondar na relación entre o coñecemento histórico e a práctica arquitectónica contemporánea, achegándose aos detalles dunha intervención que require conciliar a protección do patrimonio construído coas esixencias técnicas e de uso dun inmoble destas características.
Información da visita
– Data: luns, 26 de outubro de 2026.
– Hora: 18:30 h.
– Lugar: Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela.
Inscrición
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través do seguinte FORMULARIO.
