O COAG dispón de 10 convites para asistir a Piñeiros26, o Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia
O vindeiro 20 de outubro celebrarase no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) unha nova edición de Piñeiros26, a cita anual de referencia organizada pola Fundación Arume arredor da cadea de valor da madeira e os montes galegos.
Nesta edición, o evento terá como país convidado a Finlandia, referente internacional cunha dilatada traxectoria e vangarda técnica na xestión forestal sostible e no emprego estrutural e construtivo da madeira, un ámbito de especial interese para a práctica arquitectónica contemporánea.
Grazas á colaboración coa Fundación Arume, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dispón de 10 convites gratuítos dirixidos aos colexiados e colexiadas interesados en asistir á xornada.
Como acceder aos convites (prazas limitadas)
As prazas outorgaranse por estrita orde de rexistro ata esgotar os 10 convites dispoñibles, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes:
- Acceder á plataforma a través da seguinte [Ligazón de inscrición].
- Introducir o código de bloque: BLQ-4CO0YZ
- Completar os datos persoais solicitados.
Unha vez confirmada a praza, a organización enviará un correo electrónico cun código QR identificativo, o cal deberá presentarse o día do evento no control de accesos do Edificio Fontán.
Consulte o [programa completo] da xornada.
