Conferencia de Federico L. Silvestre

30 Set 2026

O xoves 8 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Materia bruta que será impartida polo Profesor de Estética e Teoría da Artes Federico L. Silvestre.

Síntese

«Con que soña a materia cando soña con ser arquitecta? Quizais cunha cavidade de pedra na que o soma comece a ser sema, e onde o corpo material adquira memoria e pegada. A arquitectura bruta nace dese espellismo da materia. Non cando unha idea se impón sobre ela, senón cando a materia mesma, ao afectar, comeza a devir imaxe e sema. É o instante en que o corpo se quere signo sen deixar atrás a súa natureza: formigón, montaña, shitao, onda de pedras…».

Currículo

Federico L. Silvestre é Profesor de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Santiago de Compostela. Como investigador ten partido sempre das heterodoxas vertentes do pensamento que cuestionan os límites entre a natureza e o artificio. Destaca o seu labor como editor de preciosos volumes sobre arte, paisaxes, cabanas, ruínas e descampados. É autor, entre outros, dos libros Micrologías (2012), Los pájaros y el fantasma (2013), Culos inquietos infinitos asientos (2018), Imaginación somática (2025) ou La imagen inmemorial (2026).

 

DATA
Xoves 8 de outubro de 2026– 19:00 horas

LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir