Concello de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a

9 Set 2026

No BOE de 9 de setembro publícase a convocatoria do Concello de Pontevedra de varias prazas, entre as que figura unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de oposición, en turno libre.

As bases publicáronse no BOP-Pontevedra de 20 de agosto de 2026.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Enlace ao BOE.

Compartir