Conferencia de Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos

8 Set 2026

O mércores 23 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos que será impartida polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, do estudio Salgado e Liñares.

Síntese
«Tras o amencer humano, dúas decisións precederon ao feito construtivo: a primeira, elixir o lugar; a segunda, procurarse un plano horizontal que é, en esencia, o primeiro xesto arquitectónico.

O xeógrafo francés Abel Bouier expresaba a complexidade do territorio de Galicia dunha maneira moi especial: “Galicia [dicía] é un fósil doutro tempo”.

E un fósil doutro tempo esixe delicadeza no xesto de procurarse un plano horizontal».

Currículo

Alfonso Salgado e Francisco Liñares, arquitectos, xunto a Manuel Liñares, enxeñeiro, forman o estudio Salgado e Liñares no ano 2000.

Os seus traballos abordan distintas escalas de intervención: espazo público, vivenda, rehabilitación do patrimonio, construción modular, entre outras, ademais de establecer colaboracións constantes con profesionais doutras disciplinas: Cenlitrosmetrocadrado, Addomo, Beirasar, Revisión Deseño, Pulso D’auga ou Do Artesanato.

A súa obra ten sido premiada ou distinguida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nos anos 2003, 2009, 2011, 2013, 2017, 2019, 2021 e 2025; premiada pola Fundación Gómez Román para a Recuperación do Patrimonio en 2010 e 2013; finalista do Gran Premio Enor en 2011 e 2014, así como seleccionada en 2017 e 2020; seleccionada nos Premios Fad en 2015, 2017, 2019 e 2021; premiada nos Egurtek en 2016; finalista no Premio Bárbara Capochín en 2017; premiada nos Premios de Arquitectura de Galicia nas súas catro únicas edicións, 2016, 2018, 2020 e 2022. Así mesmo, en 2009, o seu proxecto de reurbanización da rúa Raxoi, no lenzo este da Praza do Obradoiro, incorpórase ao conxunto de obras realizadas para o Concello de Santiago de Compostela, na categoría de espazo público que, baixo a dirección da Oficina de Rehabilitación do Consorcio de Santiago de Compostela, obteñen o Premio Nacional Ciudades Patrimonio de la Humanidad. Así mesmo, en 2019 obteñen o Premio Gran de Area, que se suma aos Premios COAG dos anos 2013 e 2017.

Por último, en 2020, o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España concédelles o Premio de Arquitectura Española. En 2021 son premiados pola Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. En 2023 obteñen o Premio Galicia de Arquitectura Sostible. E o ano pasado, en 2025, o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe.

Sobre o seu traballo pode atoparse máis información en: <https://www.salgadoeliñares.com/>

 

DATA
Mércores 23 de setembro de 2026– 19:00 horas

LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir