#COAGconta: Eficiencia enerxética. Introducción de bombas de calor con datos reais.

3 Set 2026

O próximo 17 de setembro, por razóns organizativas nesta ocasión xoves en lugar dos mércores habituais, ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG, exporán como se poden introducir bombas de calor sustituíndo as curvas por defecto do programa por equipos reais en uso de calefacción/frío e ACS.

 

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Lembra que podes ter acceso a todalas gravacións de xornadas exclusivas para colexiados dende a páxina web do COAG, apartado servizos / formación / gravación de xornadas de asesoramento.
Colabora   

Compartir