O vindeiro martes 9 de xuño, ás 19:30 horas, o espazo do Baixo Cuberta da Delegación de Santiago do COAG acollerá unha conferencia do arquitecto Fernando Cobos Guerra, recoñecido especialista en conservación e restauración do patrimonio arquitectónico.
A raíz do debate suscitado recentemente arredor das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos, o COAG considerou oportuno convidar ao arquitecto responsable da redacción e dirección das intervencións realizadas neste emblemático edificio para compartir os criterios técnicos, patrimoniais e metodolóxicos que guiaron os traballos desenvolvidos.
PONENTE:

Fernando Cobos Guerra
Fernando Cobos (Valladolid, 1965) é arquitecto e doutor en Arquitectura, cunha ampla traxectoria profesional e investigadora vinculada á restauración monumental. Ao longo da súa carreira dirixiu numerosos plans directores e intervencións en algúns dos conxuntos patrimoniais máis relevantes da Península Ibérica, entre eles os castelos de Ponferrada, Cornatel e La Mota, a muralla renacentista de Eivisa ou o sistema de fortificacións transfronteirizas do Miño.
É profesor de máster e doutoramentos en patrimonio histórico en distintas universidades nacionais e internacionais. É tamén membro experto do Comité Internacional de ICOMOS “Shared Built Heritage” (SBH) e vicepresidente do Comité Científico Internacional de Fortificacións e Patrimonio Militar (ICOFORT). Formou parte das directivas da Academia do PARTAL, da Asociación Española de Arqueoloxía Medieval e do Comité Científico de Europa Nostra. En todas estas institucións desenvolve un destacado labor arredor da investigación histórica, a restauración monumental e a promoción de enfoques interdisciplinarias para a conservación do patrimonio.
https://fernandocobosestudio.es/
A conferencia constituirá unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de intervención no Hostal dos Reis Católicos e para reflexionar sobre os criterios, responsabilidades e desafíos que implica a conservación do patrimonio arquitectónico na actualidade.
INSCRICIÓN
SOLICITUDE DE ASISTENCIA E RELACIÓN ASISTENTES.
A entrada é libre para os arquitectos colexiados no COAG, pero será IMPRESCINDIBLE formalizar a inscrición na seguinte LIGAZÓN. Aforo completo, aberta lista de espera.
Por cuestións de capacidade, aquelas persoas interesadas en asistir que non sexan arquitectos colexiados no COAG, deberán solicitar a súa invitación a través do seguinte formulario: LIGAZÓN. Aforo completo, aberta lista de espera.
O prazo para inscribirse ou solicitar invitación finalizará ao completar a capacidade e non máis tarde do luns 8 de xuño ás 14.00 horas.
DATA:
Martes 9 de xuño de 2026
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Sala Baixo Cuberta – COAG, Praza da Quintana nº1. Santiago de Compostela.
