O vindeiro sábado 6 de xuño, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2026 dos Premios PRÓXIMOS, organizados pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás seguintes indicacións:
1. LUGAR E HORARIO:
Data: sábado 6 de xuño.
Hora: 19:30 h
Lugar: Teatro Principal (Rúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña).
2. SOLICITUDE DE ASISTENCIA E RELACIÓN ASISTENTES. os/as interesados/as en asistir ao acto, deberán solicitar a súa asistencia e indicar a relación total de asistentes, cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE. O cal deberase realizar á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 13:00 horas do vindeiro mércores 3 de xuño.
Atentamente,
A Xunta Directiva da Delegación de Santiago
