A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia abre un novo prazo de inscrición para participar no Programa de Mentoring, unha iniciativa en marcha dende hai máis de dous anos que busca xerar espazos de encontro, aprendizaxe compartida e acompañamento profesional entre persoas colexiadas.
O programa naceu coa vontade de crear unha rede aberta e colaborativa, na que persoas con diferentes traxectorias profesionais poidan compartir experiencias, dúbidas e coñecementos arredor da práctica da arquitectura. Ao longo destes anos desenvolvéronse encontros temáticos, e realizaronse visitas a obras e edificios de interese, cun balance moi positivo por parte das persoas participantes.
Nesta nova etapa, a Delegación de Santiago quere darlle un novo impulso ao programa, ampliando o número de persoas participantes e reforzando o seu carácter colectivo e transversal. O mentoring está concibido como un espazo flexible, construído entre todas as persoas implicadas, no que as propostas, intereses e inquedanzas do grupo son a base para definir os contidos e actividades.
O programa está aberto a arquitectas e arquitectos colexiados, con independencia da súa idade, situación profesional ou anos de experiencia, que teñan interese en participar activamente, compartir coñecemento e formar parte dunha comunidade profesional máis conectada.
As persoas interesadas en participar, deberán solicitalo a través do seguiente FORMULARIO.
