Asinado o protocolo para a creación do Arquivo de Arquitectura de Galicia e presentación do libro “La arquitectura de Galicia. Dos mil años de historia”, de José Ramón Alonso Pereira.
O martes 12 de setembro, celebrouse no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o primeiro dos actos conmemorativos do 50 aniversario do COAG. Neste acto o Decano Luciano G. Alfaya e o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, asinaron o protocolo para a creación do Arquivo de Arquitectura de Galicia, cuxa sede será o edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
O obxecto desta colaboración é impulsar o recoñecemento do valor cultural da arquitectura como unha manifestación sobranceira da identidade galega, a través da protección e dixitalización de fondos documentais que permitan non só a súa conservación senon tamén o acceso e difusión á sociedade da producción creativa dunha xeración excepcional de arquitectos.
Durante o acto, fíxose entrega dun diploma conmemorativo aos Decanos anteriores, como recoñecemento e agradecemento pola súa contribución aos 50 anos de historia do COAG, e tamén aos Decanos dos Colexios de Asturias e León, dos que o COAG segregouse para a súa creación. José Manuel Rey Pichel, decano entre 1989 e 2003, o que interveu en representación de todos eles.
O acto pechouse coa presentación do libro “La arquitectura de Galicia. Dos mil años de historia, de José Ramón Alonso Pereira, editado polo COAG.