Revista ANEXO: selección de artigos de colaboración

Posted by / 8th Junio 2017 / Categories: Axenda, CSCAE, Publicaciones, Publicacións, Uncategorised / 0 Comments

Infórmase que o CSCAE iniciou o proceso de preparación dos contidos para o próximo número da Revista Técnica ANEXO, que se presenta en formato dixital, e está a disposición de todos os arquitectos. Esta publicación trata de recoller artigos e información para o exercicio profesional, difundindo cuestións de interese, así como novidades normativas que afectan á profesión.

Neste senso, o CSCAE segue interesado en seguir contando coa colaboración dos Colexios de Arquitectos, no que se refire á achega de contidos. Por iso, o CSCAE tamén solicitou ao Colexio a súa colaboración remitindo propostas de artigos ou documentos que consideren que poden incluírse na próxima edición tendo en conta o seu obxectivo.

Conforme ao anterior, o COAG decidiu abrir un prazo para que os colexiados interesados remitan as súas propostas e artigos para valorar a súa inclusión na referida revista, sempre e cando cumpran os requisitos que se indican a continuación. De entre todas as propostas presentadas, farase unha selección para determinar os que serán remitidos ao CSCAE.

Requisitos da convocatoria

Os artigos remitidos non poden ter sido publicados anteriormente, salvo que o autor acredite que a súa publicación na revista ANEXO non supoña ningún conflito co medio que publicou o mesmo con anterioridade.

Os textos a remitir deberán cumprir os seguintes requisitos técnicos:

  • Formato Word, tipo de letra Arial tamaño 11, marxes de 2,5 cm. superior e inferior e 3 cm. á esquerda e dereita, con espazo entre liñas simple.
  • Extensión máxima de 1 folla polas dúas caras.
  • No caso de que o texto inclúa fotografías deben ter unha resolución mínima de 1.000 x 500 px.
  • As fotos deben estar en formato jpg, jpeg ou png. De non ser dono das fotografías enviadas, debe sinalarse a orixe das mesmas nun texto anexo como nota a pe de páxina.

A colaboración coa revista ANEXO é totalmente gratuíta e desinteresada, sen que a mesma implique ningún tipo de remuneración económica.

Forma e Prazo de presentación

As propostas deberán ser enviadas antes das 23:59 horas do día 25 de xuño, debendo ser remitidas por correo electrónico ao enderezo: secretaria@colexiodearquitectos.org

Selección: criterios e órgano de selección

A Xunta de Goberno ou a persoa ou persoas nas que delegue, seleccionará de entre todas as propostas presentadas aquelas que se remitirán ao CSCAE conforme aos criterios de novidade, orixinalidade, actualidade e interese.

A proposta ou propostas seleccionadas serán remitidas ao CSCAE para a súa consideración coa finalidade de proceder á inclusión en vindeiras edicións da citada publicación.

Autoría e propiedade intelectual

Ao colaborar non se perde a propiedade intelectual do escrito, pero se lle entrega á Revista Anexo o dereito de publicación do mesmo de xeito indefinido. Ao enviar unha colaboración, o autor asume coñecer a política sobre dereitos de autor de Anexo e estar de acordo con ela.


Se informa que el CSCAE inició el proceso de preparación de los contenidos para el próximo número da Revista Técnica ANEXO, que se presenta en formato digital, y está a disposición de todos los arquitectos. Esta publicación trata de recoger artículos e información para el exercicio profesional, difundiendo cuestiones de interés, así como novedades normativas que afectan a la profesión.

En este sentido, el CSCAE sigue interesado en seguir contando con la colaboración de los Colegios de Arquitectos, en lo que se refiere a la aportación de contenidos. Por ello, el CSCAE también solicitó al Colexio su colaboración remitiendo propuestas de artículos o documentos que consideren pueden incluirse en la próxima edición teniendo en cuenta su objetivo.

Conforme a lo anterior, el COAG decidió abrir un prazo para que los colegiados interesados remitan  sus propuestas de artículos para valorar su  inclusión en la referida revista, siempre y cuando cumplan los requisitos que se indican a continuación. De entre todas las propuestas presentadas, se hará una selección para determinar los que serán remitidos al CSCAE.

Requisitos de la convocatoria

Los artículos remitidos no pueden haber sido publicados anteriormente, salvo que el autor acredite que su publicación en la revista ANEXO no suponga ningún conflicto con el medio que publicó el mismo con anterioridad.

Los textos a remitir deberán cumprir os seguintes requisitos técnicos:

  • Formato Word, letra Arial tamaño 11, márgenes de 2,5 cm superior e inferior y 3 cm a izquierda y derecha, interlineado simple.
  • Extensión máxima (1 hoja por las dos caras)
  • En caso de que el texto incluya fotografías deben tener una resolución mínima de 1000 x 500 px
  • Las fotos deben estar en formato JPG, JPEG o PNG. De no ser dueño de las fotografías enviadas, debe señalarse el origen de las mismas en un texto anexo como nota a pie de página.

La colaboración con la revista ANEXO es totalmente gratuita y desinteresada, sin que la misma implique ningún tipo de remuneración económica.

Forma y Plazo de presentación

Las propuestas deberán ser enviadas antes de las 23:59 horas del 25 de junio, debiendo ser remitidas por correo electrónico a: secretaria@colexiodearquitectos.org

Selección: criterios y órgano de selección

La Xunta de Goberno o la persona o personas en las que delegue, seleccionará entre todas las propuestas presentadas aquellas que se remitirán al CSCAE conforme a los criterios de novedad, originalidad, actualidad e interés.

La propuesta o propuestas seleccionadas serán remitidas al CSCAE para su consideración con la finalidad de proceder a la inclusión en próximas ediciones de la citada publicación.

Autoría y propiedad intelectual

Al colaborar no se pierde la propiedad intelectual del escrito, pero se le entrega a la Revista Anexo el derecho de publicación del mismo de forma indefinida. Al enviar una colaboración, el autor asume conocer la política sobre derechos de autor de Anexo y estar de acuerdo con ella.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter