Día Mundial da Arquitectura, 3 de outubro de 2016. Deseñar un futuro mellor

Posted by / 30th septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o próximo luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”, de acordo á convocatoria anual que fai a Unión Internacional de Arquitectos (UIA), organización que representa a 1,3 millóns de arquitectos de todo o mundo. Fronte a un maior número de desafíos mundiais, o papel da arquitectura, do urbanismo e da concepción arquitectónica é cada vez máis decisivo na construción dun futuro mellor.

Seguindo esta pauta, as sete delegacións galegas do Colexio de Arquitectos de Galicia mobilízanse co propósito de promover o papel dos arquitectos e a súa contribución para aliviar o sufrimento humano e facer fronte aos retos mundiais, así como para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Organizarán para a Semana da Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar o gran potencial da arquitectura e do ordenamento urbano e para afrontar o cambio climático e divulgar unha mensaxe sólida, pertinente e accesible.

Así mesmo, en caso de ter interese por consultar as actividades a realizar en cada un dos Colexios de Arquitectos de España, pódese obter a información na web do CSCAE no seguinte ENLACE

Programa de actividades do COAG

DELEGACIÓN DE A CORUÑA
Proxección nun espazo público do documental “O dereito a un techito”

En relación coa conmemoración do Día Mundial da Arquitectura, a Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Proxección nun espazo público do documental “O Dereito a un Teito”, rodado e producido por Arquitectos sen Fronteiras. A devandita proxección realizarase na concurrida Rúa Real esq. Rúa Nova (Obelisco), na pantalla exterior do Sporting Club Casino de A Coruña, a partir das 20.00 hs. da tarde, e irá precedida polas intervencións do Presidente da Delegación do COAG de A Coruña, o Presidente de Arquitectos sen Fronteiras-Galicia e coa presencia do Presidente do Sporting Club Casino ou o Xerente desa entidade (por confirmar).
O obxectivo é achegarse á cidadanía no Día Mundial da Arquitectura, que ocorre un luns, aproveitando os espazos máis transitados na hora de saída do traballo, a través de entidades sen ánimo de lucro, e baixo o lema proposto polo CSCAE “Deseñar un futuro mellor”.

Actividades organizadas para a semana da arquitectura
Día 3. 
Pantalla exterior do Sporting Club Casino de A Coruña (Rúa Real esquina Rúa Nueva), 20:00 h
Proxección nun espazo público do documental “O Dereito a un Teito”, rodado e producido por Arquitectos sen Fronteiras.

DELEGACIÓN DE LUGO
Conferencias sobre o potencial forestal e industrial do sector da madeira na provincia de Lugo.

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos prepara para a celebración do Día Mundial da Arquitectura 2016, unha sesión de conferencias como expresión do potencial forestal e industrial local na provincia de Lugo do sector da madeira e entendendo estas prácticas como un medio sostible e eficaz de produción para os sistemas construtivos e de expresión arquitectónica contemporáneas. As conferencias contarán coa asistencia na súa apertura da alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e o director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE), Manuel Guaita, acompañados polo presidente da delegación do Colexio, Raúl J. Veiga. As charlas, que comezarán ás 18:00 horas, estarán impartidas polo arquitecto técnico e Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural Álvaro López, que falará do entramado lixeiro industrial, e polo arquitecto e Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural Antonio Lara, que comentará as novidades da arquitectura avanzada en madeira co Sistema GridShel.

image08image07

Actividades organizadas para a semana da arquitectura
Día 3 -. Conferencias sobre o potencial forestal e industrial do sector da madeira na provincia de Lugo.

  • 18:00-18:30 horas: Apertura. Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.
    Manuel Guaita, director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE).
    Raúl J. Veiga, presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia.
  • 18:30-19:15 horas: “Entramado lixeiro industrial”.
    Álvaro López_ Arquitecto técnico e Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural.
  • 19:30-20:30 horas: “Arquitectura avanzada en madeira. Sistema GridShell”
    Antonio Lara_Arquitecto e Máster en Enxeñería da Madeira Estrutural.


DELEGACIÓN DE OURENSE
Taller de “Arquipeques” no colexio plurilingüe San José de Ourense

A Delegación de Ourense do Colexio de Arquitectos tratará este ano de deseñar un futuro mellor coas novas xeracións que serán as que poidan deseñar o futuro das cidades. A entidade considera que para alcanzar ese obxectivo hai que partir da educación dos máis pequenos, dándolles opción de opinar e analizar a problemática dos espazos que os rodea, baixo a súa perspectiva e imaxinación.

Celebrarase un taller de Arquipeques, en colaboración co colexio Plurilingüe San José de Ourense (Colexio Josefinas). Realizarase en horario escolar, pola mañá, para 50 alumnos de 3º de Primaria e co respaldo do profesorado. O taller estruturarase do seguinte modo:

  • Lectura do conto infantil “Sabela e as zocas máxicas”, un recurso educativo do ProxectoTerra para o alumnado de Educación Infantil e integrado no apartado “Da casa á escola” que consiste nun achegamento multisensorial, emocional e afectivo ao espazo vivido, que fai máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: A Casa – A Escola – O Camiño da Casa á Escola, e que se refiren aos tres ámbitos do privado, social e público que están presentes ao longo da vida e que xa se constrúen desde pequenos.

image04image00

O conto “Sabela e as zocas máxicas” forma parte destes recursos educativos. A tráves de tres historias –O Segredo do faiado, O moletiño de pan, O tesouro da escola–, preténdese orientar a observación e a vivencia dos espazos cotiás do alumnado de Educación Infantil no ánimo de facelas o máis diversas e completas posibles.

  • Posteriormente darase material ao alumnado –caixas, tubos de cartón, pezas de porexpán– para que durante aproximadamente una hora e media deseñe o que cre que é unha cidade do futuro, desde unha praza pública ata unha escola, un edificio de vivendas ou mesmo un polideportivo.
  • Ao finalizar o taller, farase unha exposición común de todos os traballos realizados polos alumnos.

Actividades organizadas para a semana da arquitectura
Taller de “Arquipeques” no colexio plurilingüe San José de Ourense (horario escolar de mañá)

DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA
Visita ao refuxio de “La Roiba” en Beluso (Bueu)

A Delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza no Día Mundial da Arquitectura unha visita ao refuxio de “La Roiba” na praia de Beluso (Bueu) o vindeiro luns, día 3, en colaboración co Concello de Bueu. O edificio é obra do arquitecto coruñés Antonio Vázquez Molezún e foi recentemente rehabilitado grazas a un proceso de crowdfunding.

A visita, que se celebrará ás 17:30 horas, contará coa asistencia de representantes colexiais, autoridades locais e autonómicas, así como colexiados e cidadáns interesados en coñecer de preto esta obra exemplar da arquitectura moderna española, homenaxeada este ano pola delegación pontevedresa no Día Mundial da Arquitectura.

O presidente da delegacion, Manuel Abelleira, sinala que a obra, de pequeno refuxio de finais dos anos 60, foi toda unha lección de “sostibilidade, adaptación e respecto polo seu contorno”, tomando como base e cimentación parte dos muros de mampostería de granito dunha fábrica de salazóns preexistente.

Esta vivenda foi obxecto dun proxecto pioneiro no ámbito da arquitectura durante o ano 2014, desenvolto mediante a técnica de micromecenazgo ou crowdfunding e denominado “REConstruye La Roiba”. O proxecto foi realizado por un equipo de arquitectos de Madrid e A Coruña, que non só tivo como obxecto a restauración do edificio, senón a posta en valor da arquitectura moderna española do século XX.

Ramón Vázquez Molezún dicía que “a boa arquitectura é capaz de adaptarse ás transformacións”. Neste senso, a delegación considera que “La Roiba” é exemplo de boa arquitectura, vixente 40 anos despois da súa construción, a pesar dos cambios que sufriu ao longo da súa vida.

Durante o acto descubrirase unha placa conmemorativa e permitirase a entrada á vivenda en pequenos grupos, acompañados da filla do arquitecto María Vázquez. Posteriormente compartirase un viño no restaurante A Centoleira, no mesmo porto de Beluso.

A delegación pon un autobús a disposición dos colexiados e interesados en asistir á visita, que sairá as 16:30 horas desde a Praza de Galicia en Pontevedra e que ten previsto o regreso ás 19:30 horas. (É preciso confirmar a reserva de praza no autobús e a asistencia ao acto no mail xd.pontevedra@coag.es).

DELEGACIÓN DE VIGO
Conferencias “A boa forma” e “O espazo urbano”

A Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos celebrará, con motivo do Día Mundial da Arquitectura, dúas conferencias abertas ao público para remarcar a escala do deseño no eido da arquitectura e do urbanismo, na sala de usos múltiples da delegación de Vigo (rúa Doutor Cadaval, 5).

image06O arquitecto León López de la Osa González ofrecerá unha conferencia titulada “A boa forma”. Falará sobre varios dos seus deseños de obxectos cotiás, como o mobiliario ou as lámpadas que conforman os espazos e a relación do ser humano con eles. Ademais de facer referencia a varios dos seus deseños, López de la Osa comentará os referentes do deseño do século XX e a súa evolución ata a actualidade. O título da charla é un guiño ao deseñador Max Bill e, en concreto, a unha conferencia que ofreceu en 1948 en Suíza, titulada “Beleza da función, beleza como función”.

image01A continuación, os arquitectos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso farán unha exposición dos seus últimos proxectos de espazo público: Ribadeo Accesible, a praza de San Clemente e as Hortas de Caramoniña en Santiago de Compostela, estas últimas dúas obras premiadas recentemente na Bienal de Arquitectura española.

image02Ribadeo Accesible

Ribadeo é unha vila mariñeira duns dez mil habitantes situada na fronteira entre Galicia e Asturias cun casco histórico protexido e un borde marítimo de certo interese. O desnivel entre ambos, de máis de trinta metros en pouco espazo, dificulta a comunicación e favorece a marxinación de certas áreas.
A proposta de Abalo e Alonso presenta un elemento de conexión na rótula entre ambos mundos que favoreza a comunicación. É unha carcasa de formigón negro con textura de pizarra que contén un ascensor panorámico coas súas escaleiras asociadas. Formigón, pedra e aceiro completan unha paleta de materiais austera, con vocación de integración, que o converten no edificio máis alto do pobo.

image05Praza de San Clemente

A praza de San Clemente, situada en pleno casco antigo de Santiago de Compostela e á beira da Catedral, caracterizouse no pasado por ser un lugar de paso de dobre dirección para os vehículos, con áreas de aparcadoiro e zonas de carga e descarga. Para borrar esta imaxe caótica, o Concello de Santiago encarga a este estudio compostelán unha análise do contorno para a súa posta en valor.
Segundo Abalo e Alonso, a actuación fundamental foi “tensionar a futura praza”, reducindo o espazo da rampa a un só carril auxiliar de tráfico para aumentar o espazo da estancia. “A redución do tráfico, unida á imposibilidade de aparcar, invertiu os termos. Agora o peón é o que controla o espazo público. Procedeuse a unha renovación exhaustiva de todo tipo de infraestruturas eléctricas, abastecemento, saneamento, gas, telefonía e incorporáronse os restos arqueolóxicos descubertos durante as obras” –indican os arquitectos–. Completan a actuación catro árbores, ubicadas estratexicamente. Os límites da intervención dilúense, incluíndo este espazo público no continuo da cidade e gañando espazo para o cidadán coa ampliación da praza.

image09Hortas de Caramoniña

A parcela atópase, por unha banda, no cinto verde que rodea o centro histórico de Santiago polo leste; por outro, no canella que comunica o casco co barrio da Almáciga, situado noutra dos pequenos outeiros que conforman a cidade. O ancho da mencionada rúa, unido a un desnivel de máis de vinte metros, resolto con bancais independentes na actualidade, limita o acceso e, consecuentemente, o seu uso.
A primeira actuación ten que ver coa resolución dos problemas de accesibilidade entre os diferentes niveis. Cando a pendente o permite, a comunicación resólvese con ramplas por dentro da parcela. Cando isto non é posible, exponse directamente desde o exterior, como na plataforma intermedia. Facilítanse así unha serie de percorridos e zonas de estancia e relación entre bancais, con esplendidas vistas cara á cidade histórica e boa orientación suroeste. Un percorrido máis curto, con escaleiras, bordea as ruínas existentes.
Recupérase a actividade previa mediante a inserción dunha serie de hortas. Á fin e ao cabo, cal pista polideportiva ou centro de saúde, a horta urbana converteuse nunha dotación cidadá máis. Para favorecer esta actividade, renóvanse os pozos abandonados e conéctanse cunha canle superficial. E complétase a intervención cunha iluminación que lembra, dalgunha maneira, ao “campus stellae” que algúns ven na orixe do nome da cidade.

 

Actividades organizadas para a semana da arquitectura

Día 3.- Conferencias.
Sala de usos múltiples da delegación de Vigo
Rúa Doutor Cadaval, 5

19:00 horas.- “A boa forma”. León López de la Osa González, arquitecto.
20:00 horas.- “O espazo urbano”. Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso. Abalolonso Arquitectos.

DELEGACIÓN DE SANTIAGO
 Visitas ao Colexio Maior A Estila e ao Instituto Politécnico de Santiago

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos organizará na efeméride do Día Mundial da Arquitectura visitas guiadas ao Colexio Maior A Estila, obra de Miguel Fisac en 1949, ás 12:30 horas, e pola tarde farase un percorrido polo Instituto Politécnico de Santiago (antiga escola de maestría industrial e actual Centro Integral de Formación Profesional), obra de Fernando Moreno Barberá en 1959.

Actividades organizadas para a semana da arquitectura

Día 3.
12:30 horas.- Visita ao Colexio Maior A Estila.
18:30 horas.- Visita ao Instituto Politécnico de Santiago

DELEGACIÓN DE FERROL
“Antes e despois: Rehabilitación dunha cidade” e “Os nenos son a a cidade do futuro”

Baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”,  a Delegación do COAG en Ferrol propón unha reflexión sobre a situación arquitectónica do conxunto da cidade en comparativa co estado da mesma antes do inicio das políticas de rehabilitación, prestando especial atención ao número e tipo de intervención realizada, ás intervencións en inmobles, aos programas de axudas económicas, etc. Esta reflexión desenvolverase entorno a dúas actividades:      

  • “Antes e despois: Rehabilitación dunha cidade”
    A través dunha exposición fotográfica, a proxección de vídeos explicativos, ou por medio de conferencias, mostrarase ao público o antes e despois da cidade de Ferrol trala intervención no seu patrimonio arquitectónico, e como estas intervencións axudan a deseñar un futuro mellor.
  •  “Os nenos son a cidade do futuro”
    Baixo esta premisa convidarase os colexios da cidade a que os nenos presenten a través de debuxos, maquetas ou calquera outro medio as súas propias propostas de cómo ven o Ferrol do futuro dende un punto de vista arquitectónico e urbanístico. Estas propostas serán expostas co resto de documentación.

………..

Día Mundial de la Arquitectura, 3 de outubro de 2016
Diseñar un futuro mejor

El Colegio de Arquitectos de Galicia celebra el próximo lunes, 3 de octubre, el Día Mundial de la Arquitectura bajo el lema “Diseñar un futuro mejor”, de acuerdo a la convocatoria anual que hace la Unión Internacional de Arquitectos (UIA), organización que representa a 1,3 millones de arquitectos de todo el mundo. Frente a un mayor número de desafíos mundiales, el papel de la arquitectura, del urbanismo y de la concepción arquitectónica es cada vez más decisivo en la construcción de un futuro mejor.

Siguiendo esta pauta, las siete delegaciones gallegas del Colegio de Arquitectos de Galicia se movilizan con el propósito de promover el papel de los arquitectos y su contribución para aliviar el sufrimiento humano y hacer frente a los retos mundiales, así como para mejorar la calidad de vida de la ciudadanía. Organizarán para la Semana de la Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar el grano potencial de la arquitectura y del ordenamiento urbano y para afrontar el cambio climático y divulgar un mensaje sólido, pertinente y accesible.

Asimismo, en caso de tener interés por consultar las actividades a realizar en cada uno de los Colegios de Arquitectos de España, se puede obtener la información en la web del CSCAE en el siguiente ENLACE

Programa de actividades del COAG

DELEGACIÓN DE A CORUÑA
Proyección en un espacio público del documental “El derecho a un techo” de ASF

En relación con la conmemoración del Día Mundial de la Arquitectura, la Delegación de A Coruña del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza la Proyección en un espacio público del documental “El Derecho a un Techo”, rodado y producido por Arquitectos sin Fronteras.  Dicha proyección se realizará en la concurrida Rúa Real esquina Rúa Nueva (Obelisco), en la pantalla exterior del Sporting Club Casino de A Coruña, a partir de las 20.00 hs. de la tarde, e irá precedida por las intervenciones del Presidente de la Delegación de A Coruña del COAG, el Presidente de Arquitectos sin Fronteras-Galicia, con la presencia del Presidente del Sporting Club Casino o el Gerente de esa entidad (por confirmar).

El objetivo es acercarse a la ciudadanía en el Día Mundial de la Arquitectura, que ocurre un lunes, aprovechando los espacios más transitados en la hora de salida del trabajo, a través de entidades sin ánimo de lucro, y bajo el lema propuesto por el CSCAE “Diseñar un futuro mejor”.

Actividades organizadas para la semana de la arquitectura
Día 3. 

Pantalla exterior del Sporting Club Casino de A Coruña (Rúa Real esquina Rúa Nueva), 20:00 h
Proyección en un espacio público del documental “El Derecho a un Techo”, rodado y producido por Arquitectos sin Fronteras.

DELEGACIÓN DE LUGO
Conferencias sobre el potencial forestal e industrial del sector de la madera en la provincia de Lugo

La Delegación de Lugo del Colegio de Arquitectos prepara para la celebración del Día Mundial de la Arquitectura 2016, una sesión de conferencias como expresión del potencial forestal e industrial local en la provincia de Lugo del sector de la madera y entendiendo estas prácticas como un medio sostenible y eficaz de producción para los sistemas constructivos y de expresión arquitectónica contemporáneas.

Las conferencias contarán con la asistencia en su apertura de la alcaldesa de la ciudad, Lara Méndez, y el director de la Plataforma de Ingeniería de la Madera Estructural (PEMADE), Manuel Guaita, acompañados por el presidente de la delegación del Colegio, Raúl J. Veiga. Las charlas, que comenzarán a las 18:00 horas, estarán impartidas por el arquitecto técnico y Máster en Ingeniería de la Madera Estructural Álvaro López, que hablará del entramado ligero industrial, y por el arquitecto y Máster en Ingeniería de la Madera Estructural Antonio Lara, que comentará las novedades de la arquitectura avanzada en madera con el Sistema GridShel

image08image07

Actividades organizadas para la semana de la arquitectura
Día 3 -. Conferencias sobre el potencial forestal e industrial del sector de la madera en la provincia de Lugo.

  • 18:00-18:30 horas: Apertura. Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.
    Manuel Guaita, director de la Plataforma de Ingeniería de la Madera Estructural (PEMADE).
    Raúl J. Veiga, presidente de la Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia.
  • 18:30-19:15 horas: “Entramado ligero industrial”.
    Álvaro López_ Arquitecto técnico y Máster en Ingeniería de la Madera Estructural
  • 19:30-20:30 horas: “Arquitectura avanzada en madera. Sistema GridShell”
    Antonio Lara_Arquitecto y Máster en Ingeniería de la Madera Estructural

 

DELEGACIÓN DE OURENSE
Taller de “Arquipeques” en el colegio plurilingüe San José de Ourense

La Delegación de Ourense del Colegio de Arquitectos tratará este año de diseñar un futuro mejor con las nuevas generaciones que serán las que puedan diseñar el futuro de las ciudades. La entidad considera que para alcanzar ese objetivo hay que partir de la educación de los más pequeños, dándoles opción de opinar y analizar la problemática de los espacios que los rodea, bajo su perspectiva e imaginación.

Se celebrará un taller de Arquipeques, en colaboración con el colegio Plurilingüe San José de Ourense (Colegio Josefinas). Se realizará en horario escolar, por la mañana, para 50 alumnos de 3º de Primaria y con el respaldo del profesorado. El taller se estructurará del siguiente modo:

  • Lectura del cuento infantil “Sabela e as zocas máxicas”, un recurso educativo del ProxectoTerra para el alumnado de Educación Infantil e integrado en el apartado “De la casa a la escuela” que consiste en un acercamiento multisensorial, emocional y afectivo al espacio vivido, que hace más rica la construcción mental que en estas edades tempranas se está haciendo de los tres ámbitos más significativos en la vida de los cautivos: La Casa – La Escuela – El Camino de la Casa a la Escuela, y que se refieren a los tres ámbitos del privado, social y público que están presentes a lo largo de la vida y que ya se construyen desde pequeños.

image04image00

El cuento “Sabela e as zocas máxicas” forma parte de estos recursos educativos. A través de tres historias  –O Segredo do faiado, O moletiño de pan, O tesouro da escola–, se pretende orientar la observación y la vivencia de los espacios cotidianas del alumnado de Educación Infantil en el ánimo de hacerlas el más diversas y completas posibles.

  • Posteriormente se dará material al alumnado -cajas, tubos de cartón, piezas de porexpán- para que durante aproximadamente una hora y promedio diseñe el que cree que es una ciudad del futuro, desde una plaza pública hasta una escuela, un edificio de viviendas o mismo un polideportivo.
  • Alo finalizar el taller, se hará una exposición común de todos los trabajos realizados por los alumnos.

Actividades organizadas para la semana de la arquitectura
Día 3 – Taller de “Arquipeques” en el colegio plurilingüe San José de Ourense (horario escolar de mañana)

DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA
Visita al refugio de “La Roiba” en Beluso (Bueu)

La Delegación en Pontevedra del Colegio de Arquitectos de Galicia organiza en el Día Mundial de la Arquitectura una visita al refugio de “La Roiba”  en la playa de Beluso (Bueu) el próximo lunes, día 3, en colaboración con el Ayuntamiento de Bueu. El edificio es obra del arquitecto coruñés Antonio Vázquez Molezún y fue recién rehabilitado gracias a un proceso de crowdfunding.

La visita, que se celebrará a las 17:30 horas, contará con la asistencia de representantes colegiales, autoridades locales y autonómicas, así como colegiados y ciudadanos interesados en conocer de cerca esta obra ejemplar de la arquitectura moderna española, homenajeada este año por la delegación pontevedresa en el Día Mundial de la Arquitectura.

El presidente de la delegación, Manuel Abelleira, señala que la obra, de pequeño refugio de finales de los años 60, fue toda una lección de “sostenibilidad, adaptación y respeto por su contorno”, tomando como base y cimentación parte de los muros de mampostería de granito de una fábrica de salazones preexistente.

Esta vivienda fue objeto de un proyecto pionero en el ámbito de la arquitectura durante el año 2014, desenvuelto mediante la técnica de micromecenazgo o crowdfunding y denominado “REConstruye La Roiba”. El proyecto fue realizado por un equipo de arquitectos de Madrid y A Coruña, que no sólo tuvo como objeto la restauración del edificio, sino la puesta en valor de la arquitectura moderna española del siglo XX.

Actividades organizadas para la semana de la arquitectura
Día 3– 17:30 horas.- Visita al refugio de “La Roiba”, en Beluso (Bueu)

DELEGACIÓN DE VIGO
Conferencias “La buena forma” y “El espacio urbano”

La Delegación de Vigo del Colegio de Arquitectos celebrará, con motivo del Día Mundial de la Arquitectura, dos conferencias abiertas al público para remarcar la escala del diseño en el campo de la arquitectura y del urbanismo, en la sala de usos múltiples de la delegación de Vigo (calle Doctor Cadaval, 5).

image06El arquitecto León López de lana Osa González ofrecerá una conferencia titulada “La buena forma”. Hablará sobre varios de sus diseños de objetos cotidianas, como el mobiliario o las lámparas que conforman los espacios y la relación del ser humano con ellos. Además de hacer referencia a varios de sus diseños, López de lana Osa comentará los referentes del diseño del siglo XX y su evolución hasta la actualidad. El título de la charla es un guiño al diseñador Max Bill y, en concreto, la una conferencia que ofreció en 1948 en Suiza, titulada “Belleza de la función, belleza como función”.

image01A continuación, los arquitectos Elizabeth Abalo y Gonzalo Alonso harán una exposición de sus últimos proyectos de espacio público: Ribadeo Accesible, la plaza de San Clemente y las Huertas de Caramoniña en Santiago de Compostela, estas últimas dos obras premiadas recién en la Bienal de Arquitectura española.

image02Ribadeo Accesible
Ribadeo es una villa marinera de unos diez mil habitantes ubicada en la frontera entre Galicia y Asturias con un casco histórico protegido y un borde marítimo de cierto interés. El desnivel entre ambos, de más de treinta metros en poco espacio, dificulta la comunicación y favorece la marginación de ciertas áreas.
La propuesta de Abalo y Alonso presenta un elemento de conexión en la rótula entre ambos mundos que favorezca la comunicación. ES una carcasa de hormigón negro con textura de pizarra que contiene un ascensor panorámico con sus escaleras asociadas. Hormigón, piedra y acero completan una paleta de materiales austera, con vocación de integración, que lo convierten en el edificio más alto del pueblo

image05Plaza de San Clemente
La plaza de San Clemente, situada en pleno casco antiguo de Santiago de Compostela y al lado de la Catedral, se caracterizó en el pasado por ser un lugar de paso de doble dirección para los vehículos, con áreas de aparcamiento y zonas de carga y descarga. Para borrar esta imagen caótica, el Ayuntamiento de Santiago encarga la este estudio compostelano un análisis del contorno para su puesta en valor.
Según Abalo y Alonso, la actuación fundamental fue “tensionar la futura plaza”, reduciendo el espacio de la rampa a uno solo carril auxiliar de tráfico para aumentar el espacio de la estancia. “La reducción del tráfico, unida a la imposibilidad de aparcar, invirtió los términos. Ahora el peón es lo que controla el espacio público. Se procedió a una renovación exhaustiva de todo tipo de infraestructuras eléctricas, abastecimiento, saneamiento, gas, telefonía y se incorporaron los restos arqueológicos descubiertos durante las obras” – indican los arquitectos-. Completan la actuación cuatro árboles, ubicadas estratégicamente. Los límites de la intervención se diluyen, incluyendo este espacio público en el continuo de la ciudad y ganando espacio para lo ciudadano con la ampliación de la plaza.

image09Hortas de Caramoniña
La parcela se encuentra, por una parte, en el cinto verde que rodea el casco histórico de Santiago por el este; por otro, en el canella que comunica el casco con el barrio de la Almáciga, situado en otra de las pequeñas colinas que conforman la ciudad. El ancho de la mencionada calle, unido a un desnivel de más de veinte metros, resuelto con bancales independientes en la actualidad, limita el acceso y, consecuentemente, su uso.
La primera actuación tiene que ver con la resolución de los problemas de accesibilidad entre los diferentes niveles. Cuando la pendiente lo permite, la comunicación se resuelve con cuestas por dentro de la parcela. Cuando esto no es posible, se exponen directamente desde lo exterior, como en la plataforma intermedia. Se facilitan así una serie de recorridos y zonas de estancia y relación entre bancales, con espléndidas vistas hacia la ciudad histórica y buena orientación sudoeste. Un recorrido más corto, con escaleras, bordea las ruinas existentes.
Se recupera la actividad previa mediante la inserción de una serie de huertas. Al fin y al cabo, cual pista polideportiva o centro de salud, la huerta urbana se convirtió en una dotación ciudadana más. Para favorecer esta actividad, se renuevan los pozos abandonados y se conectan con un canal superficial. Y se completa la intervención con una iluminación que recuerda, de alguna manera, al “campus stellae” que algunos ven en el origen del nombre de la ciudad.

Actividades organizadas para la semana de la arquitectura
Día 3.- Conferencias
Sala de usos múltiples de la delegación de Vigo
Rúa Doutor Cadaval, 5

  • 19:00 horas.- “La buena forma”. León López de la Osa González, arquitecto.
  • 20:00 horas.- “O espazo urbano”. Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso. Abalolonso Arquitectos.

DELEGACIÓN DE SANTIAGO
Visitas al Colexio Maior A Estila y al Instituto Politécnico de Santiago

La Delegación de Santiago del Colegio de Arquitectos organizará en la efeméride del Día Mundial de la Arquitectura visitas guiadas al Colegio Mayor A Estila, obra de Miguel Fisac en 1949, a las 12:30 horas, y por la tarde se hará un recorrido por el Instituto Politécnico de Santiago (antigua escuela de maestría industrial y actual Centro Integral de Formación Profesional), obra de Fernando Moreno Barberá en 1959.

Actividades organizadas para la semana de la arquitectura
Día 3.

  • 12:30 horas.- Visita al Colexio Maior A Estila.
  • 18:30 horas.- Visita al Instituto Politécnico de Santiago

DELEGACIÓN DE FERROL
“Antes y después: Rehabilitación de una ciudad” y “Los niños son la ciudad del futuro”

Bajo el lema “Diseñar un futuro mejor”,  la Delegación del COAG en Ferrol propone una reflexión sobre la situación arquitectónica del conjunto de la ciudad en comparativa con el estado de la misma antes del inicio de las políticas de rehabilitación, prestando especial atención al número y tipo de intervención realizada, a las intervenciones en inmuebles, a los programas de ayudas económicas, etc. Esta reflexión se desarrollará entorno la dos actividades:     

“Antes y después: Rehabilitación de una ciudad”

A través de una exposición fotográfica, la proyección de vídeos explicativos, o por medio de conferencias, se mostrará al público el antes y después de la ciudad de Ferrol trala intervención en su patrimonio arquitectónico, y como estas intervenciones ayudan a diseñar un futuro mejor.

“Los niños son la ciudad del futuro”

A través de una exposición fotográfica, la proyección de vídeos explicativos, o por medio de conferencias, se mostrará al público el antes y después de la ciudad de Ferrol tras la intervención en su patrimonio arquitectónico, y cómo estas intervenciones ayudan a diseñar un futuro mejor

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter