Concello de Ortigueira: bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego

9 Ago 2017

O BOP da provincia de A Coruña de data 8 de agosto de 2017, publica o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ortigueira, na súa sesión do día 26 de abril de 2017, aprobaronse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego.

Publicado no DOG do 4 de setembro. Comezo do cómputo de prazo.

Prazo de presentación de instancias:  20 días naturais dende o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria deste proceso no Diario Oficial de Galicia.

Mais informacion no seguinte ENLACE

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas en as que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir