Asignación de encargos en virtude da convocatoria da quenda de arquitectos para a catalogación de centros de ensino públicos, competencia da Xunta de Galicia

7 xuñ 2017

Conforme ao previsto no convenio asinado polo COAG coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización de diferentes actuacións documentais e de mellora e eficacia técnica nas edificacións, instalación e equipamentos educativos públicos, competencia da Xunta de Galicia, nas catro provincias galegas, o pasado 23 de maio, procedeuse á realizar unha convocatoria para organizar unha quenda de arquitectos colexiados no COAG para a catalogación de centros de ensino públicos, competencia da Xunta de Galicia.

Rematado o prazo de inscrición, e tralo correspondente sorteo entre todos os inscritos, procedeuse á asignación de 73 encargos a outros tantos colexiados, dos cales 42 son en Coruña, 8 en Lugo, 9 en Ourense e 14 en Pontevedra.

Cada encargo comprende un lote de tarefas a realizar en distintos centros de ensino, garantindo sempre uns ingresos mínimos para cada colexiado por encargo de 1.200 euros (IVE incluído).

Pode comprobar o resultado de ambos sorteos (inscritos e lotes a encargos), así como a relación total de encargos a realizar e os centros educativos que inclúe cada lote, no seguinte ENLACE

Compartir