Programa de recoñecementos médicos específicos para traballadores /as autónomos /as

0
Posted by / 12 junio 2018 / Categories: Noticias, Publicada en Portada / 0 Comments

O ISSGA ofrécelles aos/ás traballadores/as autónomos/as en xeral e socios/as cooperativistas que teñan a condición de traballador/a autónomo/a, que coticen no RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), incluídos os/as do Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico dirixido a favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.

Aos/ás interesados/as faráselles un recoñecemento médico, totalmente gratuíto, nos centros do ISSGA. Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente.

No caso de que estean interesados/as, cada traballador/a deberá cumprimentar a solicitude e remitila ao Centro do ISSGA correspondente.

Pode solicitar o recoñecemento médico achegando o modelo de solicitude que se atopa na web e dirixilo ó centro territorial do ISSGA no que lle interese facelo.

Páxina web

Folleto informativo

Formulario de solicitude

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram