Premios GranDeArea 2018


ir a portada premios

 

 

 

 

 

Os premios “Gran de Area de aportación a Arquitectura” son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

A selección realizada vai encamiñada a mostrar que a Arquitectura e posible e próxima. Que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden aportar a que o entorno sexa mellor, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos de esta sociedade e este tempo.

Os premios “Gran de Area de aportación á Arquitectura” pretenderon, sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna próxima, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.

Este ano son 56 propostas, de moi diversas escalas e localizacións, as presentadas. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redobrado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna.

Candidaturas presentadas

Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:

Acceder a obras presentadas

Composición do xurado e fallo

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:

    • Antonio Davila Alonso, Presidente da delegación de Vigo do COAG.
    • Manuel Abelleira Argibay, Presidente da delegación de Pontevedra do COAG.
    • Alberto de Paula Prieto, Presidente da delegación en Ourense do COAG
    • Marta Vilas Rodríguez, colexiada da Delegación de Vigo seleccionada por la Xunta Directiva de Vigo.
    • Paula Alfonso Laya, colexiada da Delegación de Pontevedra seleccionada por la Xunta Directiva de Pontevedra.
    • Mónica Rúa Ferreño, colexiada da Delegación de Ourense seleccionada por la Xunta Directiva de Ourense
    • Severo Fernández Castro, colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior, consensuado polas tres Delegacións.
    • María Mariño de Oya, secretaria da delegación de Vigo do COAG, que actúa como secretaria do xurado, con voz pero sen voto.

O xurado selecciona como premiados 12 proxectos, non outorgándolles orde nin prevalenza no fallo, considerando todos eles premiados no mesmo rango e valoración:

Título proxecto Arquitectos/as
REFORMA VIVIENDA2001
Rúa A Estrada 28, 04‐B 36004 Pontevedra
MARIA GRACIA AMANDI JOGLAR (3085)
REHABILITACIÓN DEL ANTIGUO HOSPITAL ESPIRITU SANCTI CON DESTINO A BIBLIOTECA Y ARCHIVO HISTÓRICO
Rúa Manuel Valverde 6, 36300 Baiona, Pontevedra
CLARA MURADO | JUAN ELVIRA | MURADO & ELVIRA ARQUITECTOS
NAVE INDUSTRIAL
Montes de Barxa (Porto do Molle Parcelas 6.04+6.05) Nigrán
LEOPOLDO ALONSO-LAMBERTI CASUSO (2582)
ESCUELA INFANTIL A BAIUCA
A Estrada. Pontevedra
ABALO ALONSO ARQUITECTOS. ELIZABETH ABALO, GONZALO ALONSO, FRANCISCO GONZÁLEZ VARELA
EDIFICIO DE OFICINAS EXLABESA
Lugar de Campaña S/N Valga
ALBERTO QUINTANS ARRONDO (2924) | CRISTINA MARGARITA ANSEDE VIZ (3010)
VIVIENDA UNIFAMILIAR
Tibiás S/N Pereiro de Aguiar
RAFAEL CASTRO ARMESTO (2933) | SANDRA GONZALEZ RODRIGUEZ (2945) | DOUSDE ARQUITECTURA, SLP (20094)
PELUQUERÍA SONIA PORTELA
Praza Augusto García Sánchez, 19 Bajo 4 4 Bajo
ANA MONTEAGUDO GARCIA (12121) WENCESLAO LOPEZ VELASCO (4097)
REHABILITACION PARCIAL DE EDIFCIO DE VIVENDAS
Ronda de Don Bosco 20 Vigo
FRANCISCO JAVIER VAZQUEZ FERNANDEZ (2370) | PERFECTO CENDON DOMINGUEZ (2446) | CENDON‐VAZQUEZ ARQUITECTOS, SCP (20182)
RESTAURACIÓN DA PORTADA NORTE DO CRUCEIRO DA CATEDRAL DE OURENSE
Catedral de San Martiño de Ourense _ Rúa Juan de Austria _ Ourense
MANUEL SEOANE FEIJOO (1212) | SONIA LÓPEZ CALVO (3040)
TABERNA MORROFINO
Vigo
IAGO FERNÁNDEZ PENEDO | ÓSCAR FUERTES DOPICO
REHABILITACIÓN DE VIVIENDA
Travesía Oliveira 2a 6 Vigo
MARIA PILAR GONZALEZ FERRO (3087) | JORDI CASTRO ANDRADE (3210)
ACONDICIONAMIENTO DE NAVE PARA OFICINAS MARÍTIMO PESQUERAS
Dársena 2 ‐ Puerto de Vigo
JORDI CASTRO ANDRADE | MARÍA GONZÁLEZ FERRO

A acta da reunión do xurado pódese consultar a continuación.