Contacto e horario
No Results Found
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
- Colexiados: Plataforma de consultas
- Solicitude de Acceso a documentación tramitada
- Formulario de contacto para cidadáns.
- Servizo de queixas e reclamacións.
- Charlas técnicas: jornadas@colexiodearquitectos.org
- Ofertas colectivas: ofertascolectivas@colexiodearquitectos.org
SOLICITUDE DE PUBLICACIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO
HORARIO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA:
- De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, tanto nas delegacións como nas Oficinas centrais, no teléfono 981 552 400.
ATENCIÓN PRESENCIAL PREFERENTEMENTE CON CITA PREVIA
A atención presencial realizaráse de luns a venres en horario de 9 a 13 horas, con excepción dos peches puntuales de oficinas ou outras modificacións temporales que se teñan establecido.
Infórmase que, en conformidade coas recomendacións do Instituto de Seguridade e Saúde laboral do COAG de Galicia (ISSGA) para a prevención do COVID en oficinas, establécese un sistema de cita previa dispoñible para concertar citas para ser atendidos en calquera oficina colexial. A cita previa resulta fundamental para compatibilizar a prestación do servizo aos colexiados e o cumprimento das medidas preventivas establecidas.
Neste sentido, a cita previa tamén é recomendable para evitar que, por motivos de última hora, a atención presencial no horario e lugar previsto non estea dispoñible por ausencia sobrevida do persoal colexial, evitando desprazamentos innecesarios do solicitante, polo que, a vixencia do sistema de cita previa aplicarase mentres se considere aconsellable para a mellor organización da atención presencial, de acordo as recomendacións das autoridades sanitarias.
En todo caso, indícase que a atención presencial colexial terá as seguintes condicións:
- A atención presencial realizarase preferentemente con cita previa confirmada.
- Realizarase de luns a venres, de 9 a 13 horas no horario que se determine na cita correspondente.
A continuación, refírense as indicacións concretas sobre a tramitación da cita previa:
TRAMITACIÓN DA CITA PREVIA POR COLEXIADOS.
Os colexiados que desexen solicitar unha cita previa para ser atendidos presencialmente nunha oficina colexial deberán ter en conta as seguintes indicacións
- A xestión da tramitación da cita previa realizarase a través da plataforma de consultas colexial.
- A solicitude de cita previa deberase realizar, accedendo co usuario e contrasinal do solicitante, na plataforma de consultas colexial e creando unha solicitude na modalidade “SOLICITUDE DE ATENCIÓN PRESENCIAL” indicando as seguintes cuestións:
- Motivo da solicitude.
- Oficina colexial na que se require ser atendido presencialmente.
- Datas e horario na que se desexa ser atendido/a.
- Se a solicitude require unha contestación urxente deberase indicar no asunto da mesma.
- No suposto que proceda completar a solicitude ou que sendo a mesma completa se teña por tramitado, procederase a indicar ditas circunstancias, contestando a través da propia plataforma de consultas colexial.
- En caso de que alguén precise modificar ou cancelar unha cita previa concertada, deberá comunicalo coa maior antelación posible.
- Unha vez o solicitante acuda á oficina colexial correspondente, deberá seguir as indicacións dos empregados colexiais en relación coas medidas de prevención establecidas.
TRAMITACIÓN DA CITA PREVIA POR TERCEIROS NON COLEXIADOS.
En canto aos provedores, clientes, arquitectos non colexiados e calquera terceiro en xeral, deberán solicitar a cita previa polos formularios habilitados na web colexial segundo a correspondente finalidade:
- Formulario de contacto web. Forma de contacto xenérica para calquera terceiro.
- Reclamacións.
- Peticións información/copia documentación tramitada.
Unha vez recibida a solicitude, daranse as indicacións oportunas sobre a súa tramitación.
OFICINAS CENTRAIS
Praza da Quintana 1. 2º.
15704-Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 552 400.
Atención preferentemente con cita previa.
Federico Tapia 64, Baixo
15005-A Coruña
Teléfono: 981 122 255.
Puro Cora Xornalistas 1,
27002-Lugo
Teléfono: 982 230 011.
Atención preferentemente con cita previa.Páxina web.
Avilés de Taramancos, 38, baixo
32003-Ourense
Teléfono: 988 210 553
Pastor Díaz 1, 1ºA
36001-Pontevedra
Teléfono: 986 859 158
Atención preferentemente con cita previa.Páxina web.
R/ Dr. Cadaval 5,
36202-Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 439 633
Avenida de Esteiro, 129. Baixo
15403-Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 981 371 545
Praza da Quintana 1, 1º
15704-Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 552 400
GABINETE DE PRENSA: VÍA LÁCTEA COMUNICACIÓN
Praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo, 6 – 1º C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 554 407
http://www.vialactea.es/
E-mail:mfraga@vialactea.es