Recordatorio do peche de delegacións colexias do 6 ao 19 de agosto.

0
Posted by / 26 julio 2018 / Categories: coag / 0 Comments

Lémbrase que, conforme ao comunicado na circular 5/2018, a Xunta de Goberno colexial na súa sesión 3/2018, celebrada o pasado 1 de marzo, adoptou o acordo de aprobar o peche das delegación colexiais do 6 ao 19 de agosto (ambos inclusive), establecendo que nese período só permanecerá aberta a Sede Colexial en Santiago de Compostela.

Esta medida ven determinada pola oportunidade de compatibilizar as vacacións do persoal cos  períodos de menor actividade nas delegacións.

Non obstante, durante o mes de agosto, permanecerá aberta a Sede colexial en Santiago de Compostela, desde a que se seguirán prestando os servizos colexiais. Non obstante, debido á redución de efectivos por mor das vacacións do persoal, a capacidade de atención telefónica e presencial do Colexio verase reducida, polo que se recomenda realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:

En caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.

Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través da plataforma de consultas.

Para o cal deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE

Unha vez seleccionada está modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.

Seguindo as indicacións anteriores, evitarase que este tipo de solicitudes entren a través doutras modalidades de consulta, o que fai que se demore a súa atención.

Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram