Lémbrase que, conforme ao comunicado na circular 5/2018, a Xunta de Goberno colexial na súa sesión 3/2018, celebrada o pasado 1 de marzo, adoptou o acordo de aprobar o peche das delegación colexiais do 6 ao 19 de agosto (ambos inclusive), establecendo que nese período só permanecerá aberta a Sede Colexial en Santiago de Compostela.
Esta medida ven determinada pola oportunidade de compatibilizar as vacacións do persoal cos períodos de menor actividade nas delegacións.
Non obstante, durante o mes de agosto, permanecerá aberta a Sede colexial en Santiago de Compostela, desde a que se seguirán prestando os servizos colexiais. Non obstante, debido á redución de efectivos por mor das vacacións do persoal, a capacidade de atención telefónica e presencial do Colexio verase reducida, polo que se recomenda realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.
En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, pode realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado (consultas técnicas e sobre o estado de tramitación)
- Tramitacións telemáticas (COAGEstudio, xestións web, conta @coag.es,…)
- Formación
- Finanzas e Tesourería
- Colexiación e Secretaría.
En caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través da plataforma de consultas.
Para o cal deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE
Unha vez seleccionada está modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.
Seguindo as indicacións anteriores, evitarase que este tipo de solicitudes entren a través doutras modalidades de consulta, o que fai que se demore a súa atención.
Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.