Bolsa de emprego para redacción dun informe na cidade de Pontevedra

0
Posted by / 12 junio 2019 / Categories: coag, Emprego / 0 Comments

A Comunidade de Propietarios da Garaxe “La Palmera” emprazada en esquina Rúa da Seca, 20 – Rúa José Malvar, 14 realizou unha solicitude de designación, mediante sorteo, dun colexiado/a interesado/a na redacción de informe para dirimir unha controversia entre os propietarios da devandita CC.PP.

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A DESIGNACIÓN DUN ARQUITECTO/A COLEXIADO/A PARA A REDACCIÓN DUN INFORME PARA DIRIMIR UNHA CONTROVERSIA ENTRE OS PROPIETARIOS DA CC.PP. DE GARAXES “LA PALMERA” DE PONTEVEDRA

OBXECTO

A Comunidade de Propietarios da Garaxe “La Palmera” emprazada en esquina Rúa da Seca, 20 – Rúa José Malvar, 14 realizou unha solicitude de designación, mediante sorteo, dun colexiado/a interesado/a na redacción de informe para dirimir unha controversia entre os propietarios da devandita CC.PP. coas seguintes características:

  • A controversia sobre a que se deberá informar refírese ao pintado das liñas divisorias entre dúas prazas de garaxe que foron obxecto de pintado recentemente, xa que os propietarios afectados non se poñen de acordo sobre se quedaron correctamente ou non.
  • O/A arquitecto/a que realice o encargo deberá visitar a garaxe para ver as liñas pintadas sobre os planos oficiais ditaminar se son correctas ou é preciso modificalas.

O profesional seleccionado deberá estar ao corrente das súas obrigas legais para o exercicio libre da profesión de arquitecto, en especial as obrigas coa Seguridade Social ou no seu defecto Hermandad Nacional de Arquitectos.


Tanto os honorarios coma o resto de condicións de realización del encargo serán establecidas polo solicitante directamente co colexiado/a que finalmente resulte seleccionado/a e que acepte a realización do encargo. O Colexio non se responsabiliza da xestión e desenvolvemento do encargo recibido polo designado durante a súa realización nin da xestión económica co cliente.

MAIS INFORMACIÓN E CONTACTO

Para calquera aclaración sobre o obxecto e as condiciones do encargo, deberase contactar coa entidade ofertante nos datos de contacto que se indican a continuación:

Monica Gabeiras

VECINOS Administración de Fincas

tlfs: 986 844943 / 671 575 337

e-mail: info@vecinos-administracion.com

INSCRICIÓN: REQUISITOS, FORMA, ELECCIÓN E PRAZO.

Poderán inscribirse e participar no sorteo tódolos arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, quedando excluídos:

– Os que se encontren en situación de suspensión na súa colexiación.

– Os que non se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados.

– As sociedades profesionais.

A inscrición na presente convocatoria implica a autorización ao Colexio para ceder á entidade ofertante os datos persoais dos concorrentes necesarios para poder contactar co eventual designado/a aos efectos do encargo.

Para realizar a inscrición deberase acceder ao apartado de emprego dentro del panel de servizos da web colexial, no seguinte ENLACE

Conforme ao procedemento colexial aplicado en supostos similares, o técnico será designado por sorteo entre os colexiados que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concorrer a esta convocatoria. O sorteo realizarase con unha aplicación informática que utiliza o algoritmo «Fisher-Yates», o cal xera unha permutación aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado. Como consecuencia do sorteo establecerase unha orden de prelación entre todos os inscritos, asignándose o encargo aos dous primeiros. En caso de renuncia de calquera dos designados, procederase a ofrecer o encargo ao seguinte colexiado conforme á orde de prelación establecida.

Os colexiados interesados poderán presentar a súa solicitude ata as 23:59 horas do vindeiro luns 17 de xuño de 2019.

Unha vez realizado o sorteo, publicarase o listado que resulte no apartado informativo da web colexial sobre a presente convocatoria.

INFORMACIÓN SOBRE TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS.

O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza Quintana, 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal consignados na súa solicitude de participación e na documentación que acompañe, así como dos que sexan xerados a consecuencia da súa participación no proceso de selección.

A finalidade do tratamento é a xestión do proceso de realización do sorteo, comunicación dos datos de contacto do/a seleccionado ao solicitante e a publicidade do resultado do proceso na web colexial.

A base de lexitimación do tratamento é a petición do participante no proceso de selección e o seu consentimento explícito para a comunicación dos datos de contacto do/a seleccionado á entidade solicitante e a publicidade do resultado do proceso.

Así mesmo, se lle informa de que o COAG recorre a servizos de terceiros para la realización servizos que implican el tratamento de datos por conta de aquel, por lo que, como encargados del tratamento, estes terceiros poderán ter aceso ós seus datos nos seguintes casos: Asesoramento xurídico, Provisión de ferramentas ou tecnoloxías da información e comunicación (comunicacións electrónicas e formularios, aloxamento de servidores, provisión e mantemento de software).

A prestación de determinados servizos de comunicacións electrónicas e servizos TIC son proporcionados por determinados encargados do tratamento (INTELLIGENCE PARTNER, S.L (Google), The Rocket Science Group LLC d/b/a MailChimp) que implica ou pode implicar a transferencia dos seus datos persoais a terceiros países que teñan ofrecido garantías adecuadas, mediante la autorización de la AEPD y/o la adscrición ó marco de Privacy Shield que garante que os interesados conten con dereitos esixibles e accións legais efectivas.

Pode consultar a información relativa a Privacy Shield Framework nos seguintes enlaces: https://www.privacyshield.gov/

https://www.privacyshield.gov/participant?id=a2zt0000000TO6hAAG&status=Active

https://www.privacyshield.gov/participant?id=a2zt000000001L5AAI&status=Active

Os datos conservaranse mentres se realice o proceso selectivo polo COAG e posteriormente, durante o prazo de exercicio de accións legais o xudiciais derivadas de la citada relación e para dar cumprimento as obrigas de arquivo ou rexistro do COAG.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA está a tratar datos persoais que lle concirnan.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder a os seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para los fines para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, neste caso, unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixará de trata-los datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento de funcións ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio o la defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

O COAG ten designado un Delegado de Protección de Datos co que pode pórse en contacto a través da dirección de correo electrónico dpd@coag.es

No caso de que o interesado estime que non se está a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado polo COAG ou ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram