Ponencia “Cambios que introduce a nova Lei de Contratos do Sector Público”

Posted by / 12 abril 2018 / Categories: Axenda, Delegación Santiago, Normativa / 0 Comments

O vindeiro xoves 26 de abril terá lugar, na Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, unha ponencia sobre a Nova Lei de Contratos do Sector Público, en vigor dende o pasado 9 de marzo.
As novidades de esta nova lei poden articularse en tres líneas:

  1. Facilitar acceso á contratación pública: incorporar a valoración de aspectos intanxibles, como son a innovación ou a calidade establecendo como criterio de adxudicación a mellor relación entre a calidade e o prezo.
  2. Melloras no procedemento de adxudicación: eficiencia, calidade, cumprimento de lexislación ambiental, social e laboral, acceso á información e transparencia na contratación.
  3. A “nova gobernanza” no ámbito dos contratos do sector público: recursos especiais. A asistencia é libre e gratuita pero, por motivos organizativos, agradécese a inscrición previa.

Ponente:
Mª Elena Parajó Calvo
Xefa do Servizo de Arquitectura e Etnografía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.

Programa:
Percorrido pola nova Lei 972017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febrero de 2014.

    • Principios e xeneralidades. Estratexia Europa 2020
    • Contratos de Obras e Servizos: umbrais de contratos armonizados
    • Necesidade e idoneidade dos contratos. Obxecto do contrato.
    • Conceptos: lotes, presuposto base de licitación, valor estimado, prezo
    • Partes no contrato: órgano de contratación vs empresario
      • Responsable do contrato
      • Condicións especiales de compatibilidade
      • Prohibición de contratar
      • Solvencia: integración de medios externos; clasificación; solvencia técnica (obras-servizos)
      • Garantías
    • Preparación de contratos:
      • Consultas ao mercado
      • Expediente de contratación
      • Contratos menores & publicidade
      • Pregos de cláusulas administrativas & prescripción técnicas. Proxecto de obras
    • Adxudicación de contratos: confidencialidade; anuncios de licitación; información; proposicións
    • Requisitos e criterios de adxudicación:
      • Principio de pluralidade de criterios (mellor relación calidade-prezo)
      • Ofertas anormalmente baixas
      • Adxudicación de contratos
      • Formalización de contratos
    • Procedementos de adxudicación:
      • Aberto, aberto simplificado, aberto simplificado “abreviado”
      • Restrinxido
      • Procedementos con negociación
      • Diálogo competitivo
      • Asociación para a innovación
      • Concursos de proxectos
    • Execución de contratos. Condicións especiais de execución de carácter social, ético, medioambiental ou de outra orde. Modificación dos contratos.
    • Contrato de Obras. Proxectos.
    • Contrato de servizos. Subsanación de erros. Indemnizacións e responsabilidades no contrato de elaboración de proxectos de obras
    • Outros: acordos marco, racionalización da contratación

Ao final da ponencia haberá tempo para aclarar as dúbidas que poidan xurdir durante a presentación.

Inscripción a través de este ENLACE.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram