Xornada “10 anos da Lei do Solo de Galicia”

21 Xan 2026

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comprácese en convidalo á Xornada “10 anos da Lei do solo de Galicia: unha lei para 313 Galicias” , que se celebrará o 10 de febreiro no Edificio Cinc do Complexo Gaiás, en Santiago de Compostela .

Esta xornada será gratuíta pero, por razóns organizativas, deberá procederse á inscripción á mesma antes do venres 6 de febreiro, cumprimentando o boletín de inscrición ou no teléfono 981 54 43 56 (prazas limitadas) .

XORNADA: 10 ANOS DA LEI DO SOLO DE GALICIA UNHA LEI PARA 313 GALICIAS
Martes 10 de febreiro de 2026
Edificio CINC – Complexo Gaiás – Santiago de Compostela

Programa

  • 9:30 Recepción asistentes
  • 9:45 INAUGURACIÓN
    • María Martínez Allegue: Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
  • 10:15 CONFERENCIA INAUGURAL: COMENTARIOS LIBERAIS Á LEI DO SOLO DE GALICIA
    • Profesor Miguel Anxo Bastos Boubeta
  • 11:30 URBANISMO RESPONSABLE: CONSTRUÍNDO O NOSO FUTURO
    • Encarnación Rivas Díaz: Directora xeral de Urbanismo
  • 12:00 BALANCE DE 10 ANOS DE PLANEAMENTO
    • Eduardo Sobrino Rodríguez: Subdirector xeral de Urbanismo
  • 12:30 CREANDO UN CORPO NORMATIVO. DITAMES DA XUNTA CONSULTIVA
    • María Gil Liñares : Subdirectora xeral de apoio xurídico
  • 13:00 MESA REDONDA: RETOS ACADADOS E ASIGNATURAS PENDENTES
    • Natalia Alvaredo López: arquitecta representante COAG
    • Ángel Monteoliva Díaz: arquitecto redactor de planeamento
    • Susana Rivadulla López: arquitecta municipal do concello de Vigo
    • Ángela Viqueira Allo: Secretaria municipal do concello do Pino
    • Juan Raposo Arceo: avogado
    • Modera: Iñaki Soto González: arquitecto municipal do concello de Teo
  • 14:00 CLAUSURA
    • Heriberto García Porto: Secretario xeral de Vivenda e Urbanismo
  • 14:15 CÓCTEL

INSCRICIÓNS
Prazo: 20 de xaneiro – 6 de febreiro nesta ligazón
Máis información: sxurb@xunta.gal – 981 54 43 56

Compartir