Tejidos al límite, la planificación como herramienta ante el riesgo

14 maio 2025

Desde a Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas (AGAU), comprácenos anunciar a xornada “Tecidos ao Límite: a planificación como ferramenta ante o risco”, que se celebrará o venres 27 de xuño ás 9:00 a.m. no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Esta xornada forma parte dun encontro de reflexión máis amplo sobre os novos retos do urbanismo, organizado pola AGAU do apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co apoio da súa Delegación en Ourense, en colaboración coa Unión de Agrupacións de Arquitectos Urbanistas (UAAU) e a Asociación Española de Técnicos Urbanistas (AETU), coincidindo coa celebración en Ourense das súas respectivas asembleas anuais.

Durante os días 26 e 27 de xuño celebraranse as xornadas técnicas, centradas na planificación fronte ao risco, con mesas redondas e espazos de debate entre relatores e asistentes. O sábado 28 de xuño terán lugar as asembleas da UAAU e a AETU.

Este evento reunirá a profesionais, especialistas e representantes institucionais do ámbito do urbanismo e a planificación territorial, co obxectivo de compartir experiencias, analizar desafíos e propor solucións para as nosas contornas urbanas e rurais.

Contexto

O urbanismo é a disciplina encargada de crear contornas funcionais, sustentables e habitables para as persoas, mediante o equilibrio entre o desenvolvemento humano, as infraestruturas, o medio ambiente e as necesidades sociais. A voz de urbanistas  en relación coa planificación territorial, o seu desenvolvemento sustentable, integrado e responsable, e a súa resposta ante a crise climática, é imprescindible para afrontar os retos do futuro.

Ante o cambio global ao que nos enfrontamos, os debates sobre o papel da xestión e a planificación do territorio non só son necesarios, senón tamén urxentes.

Un estado límite refírese a unha condición na que unha estrutura alcanza o máximo da súa capacidade, máis aló da cal xa non pode cumprir a súa función de forma segura ou adecuada. O noso territorio está a pedir axuda. O traballo e o pensamento especializado do urbanismo e a planificación territorial no contexto actual son claves para garantir a seguridade e o confort das nosas cidades, o equilibrio cos tecidos rurais e o diálogo das nosas infraestruturas co medio natural.

Programa

A tarde do día 26, ás 17.00 procederase á apertura das xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e terán lugar a presentación a cargo das súas autoras e autores, do tres traballos finalistas do Premio nacional de urbanismo do CSCAE, seguida dunha mesa de conclusións, un cóctel e un percorrido comentado á tardiña pola cidade de Ourense.

A xornada do día 27 celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel, de 9:30 a 20:30.

Comezará cunha apertura institucional. A dinámica da xornada será a través de mesas redondas compostas por especialistas  en diferentes temáticas para permitir o debate e a reflexión sobre a planificación do territorio no contexto social, urbano e ambiental ante os que nos atopamos como urbanistas.

Os eixos do catro mesas virarán ao redor de diferentes riscos tales como despoboamento, desastres, o medio ambiente e os novos modelos de planificación para dar resposta aos tecidos ao límite.

Finalmente contaremos cunha mesa local, composta por axentes activos no territorio galego para debater sobre os retos aos que se enfronta a disciplina da ordenación do territorio e o urbanismo.

Tanto a comida e os descansos de media mañá e tarde serán tipo cóctel abertos a todas as persoas asistentes previamente inscritas nas xornadas.

Inscricións

O prazo de inscrición remata o día 22 de xuño ou ate que se esgote o aforo. A inscrición terá as seguintes tarifas:

  • Colexiadas e colexiados da AGAU 10€
  • Colexiados e colexiadas do COAG 30€
  • Estudiantes 30€
  • Non colexiados 50€

A inscrición dá dereito a asistir ás conferencias da tarde do día 26 e á xornada completa do día 27 así como aos cócteles e cafés de ambos os días.

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

PROGRAMA COMPLETO

Para calquera aclaración poderán poñerse en contacto coa AGAU mediante a dirección de correo
agau@coag.es

Compartir