Taller de arquitectura “En la orilla”

18 Abr 2025

O taller está coordinado por Juan Creus e Covadonga Carrasco e contará coa participación de Emilio Tuñón + Andrés Regueiro (TUÑÓN + ALBORNOZ Arquitectos) / Mireia Luzárraga + Alejandro Muiñou (TAKK Architecture) / Ángela García de Paredes + Ignacio Pedrosa + Luis G. Pachón (PAREDES PEDROSA Arquitectos) / Mariña Otero + Ippolito Pestellini / Juan Creus + Covadonga Carrasco (CREUSeCARRASCO Arquitectos). O obxectivo é indagar sobre o paradigma sostible utilizando como campo de traballo e residencia a illa de San Simón na ría de Vigo.

Cada un dos equipos integrado por profesorado e participantes investiga e propón de forma simultánea a través de sesións críticas cruzadas, charlas abertas e postas en común.  A matrícula inclúe a residencia na illa, almorzo, desprazamento desde terra, actividades e material. Concederase un máximo de 10 bolsas que cobren o 100% da matrícula e que serán financiadas pola Fundación FPAC.

PERFIL
Preferentemente do campo da arquitectura (arquitectos menores de 35 anos e estud­iantes de último ano, nacionais e internacionais), pero también doutras disciplinas relacionadas co paisaxismo como a arte, enxeñaría, xeografía ou ciencias da natureza.

DATAS
Do venres 11, ao sábado 19 de xullo de 2025. O último día o traballo se exporá a un público aberto e a un panel crítico de recoñecido prestixio internacional.

LOCALIZACIÓN
Espazos e edificios da Illa de San Simón, Redondela, Vigo (Pontevedra).

MATRÍCULA
Ate o 19 de maio de 2025. Coa inscrición confirmada terase acceso ao programa detallado, á documentación e recursos previos ao encontro.

PREZOS
1.250 euros. Inclúe estancia na illa, almorzo, desprazamento á illa desd­e tierra, actividades e material. Non se inclúen as comidas.

Colaboran: Universidade da Coruña ETSAC, Universidad Politécnica de Madrid ETSAM, Columbia University GSAPP, Fundación Tba_21, Conselleria de Cultura, Xunta de Galicia, Museo do Mar, Ministerio de Cultura, Acción Cultural Española e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Máis información

Compartir