Enquisa ANMARQ: Seguridade Social e as pensións para arquitectos

5 Feb 2026

Desde ANMARQ puxemos en marcha unha enquisa sobre a situación dos mutualistas arquitectos e arquitectos técnicos.

Xa temos datos de aproximadamente a metade dos nosos 1322 socios, pero entendemos que desde os colexios poderíase obter máis datos relevantes sobre a situación real das pensións dos arquitectos.

O interese da enquisa está en responder con datos estatísticos ás preguntas dos partidos políticos, os cales se queixan de que non teñen datos das mutualidades e dos mutualistas, para poder ponderar adecuadamente a futura Pasarela ao RETA.

A enquisa fíxose co programa Google forms e está dispoñible en galego e adaptada aos arquitectos, co nome de ENQUISA SOBRE A SEGURIDADE SOCIAL E AS PENSIÓNS PARA ARQUITECTOS.

Compartir