Cuestionario para PEMES do Consello de Contas de Galicia

21 Xan 2026

O Consello de Contas de Galicia está a desenvolver unha fiscalización das medidas adoptadas na Comunidade Autónoma Galega para favorecer o acceso das PEMES á contratación pública e para superar os posibles obstáculos existentes.

No marco desa fiscalización estamos a realizar unha consulta dirixida a pequenas e medianas empresas co obxectivo de coñecer de primeira man as dificultades que estas atopan para acceder ás licitacións públicas. Para iso, elaboramos un cuestionario integrado na súa meirande parte por preguntas pechadas que tratan de coñecer as súas percepcións a través de escalas sinxelas. Non obstante, e dado que pretende profundar en todas as cuestións relevantes da materia analizada, o tempo requirido para rematalo está aproximadamente entre 20 e 30 minutos. Unha vez que se empeza a contestar non existe a opción de gardar as respostas e continuar nun momento posterior, por iso recomendamos que busque un momento de tempo de trinta minutos para responder as preguntas sen interrupcións.

A súa participación é fundamental para que esta iniciativa reflicta a realidade do tecido empresarial e axude a identificar as barreiras que podan limitar o acceso das PEMES ás contratacións públicas.

As respostas son voluntarias e anónimas. Non obstante, configuráronse como  obrigatorias aquelas cuestións, marcadas cun asterisco (*),  que permiten identificar a natureza e o sector económico da empresa ou profesional. Malia que o resto das preguntas non son  obrigatorias, as súas respostas achegarán información sumamente útil para podermos elaborar o informe coa opinión das principais partes interesadas. En calquera caso, é preferible que as deixar sen contestar aquelas preguntas sobre as que non se dispoña de información ou xuízo.

O prazo para contestar ao cuestionario é ata o 15 de febreiro.

Para acceder ao cuestionario pode premer na seguinte ligazón.

Agradecemos de antemán a súa colaboración e animámoslle a compartir esta consulta con todas as empresas ou profesionais do sector que poidan resultar interesados.

Compartir