Xornadas Eco-deseño para paisaxes resilientes

7 Nov 2022

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Deputación de A Coruña, desenvolve unhas xornadas formativas enfocadas ao eco-deseño de espazos públicos, levando os criterios da infraestrutura verde á escala de detalle co obxectivo de acadar que as nosas paisaxes sexan máis resilientes fronte á crise climática, mellorando os servizos ecosistémicos que prestan, especialmente en contornas urbanas.

As xornadas terán lugar na sede da Fundación en Oleiros, os días 18, 25 e 26 de novembro.

Máis información e inscricións

­

Compartir