En relación á conferencia de Jan Gehl ao abeiro do seminario da Facultade Ágora o vindeiro venres 12 de novembro no Teatro Principal, lamentamos comunicar que a participación do urbanista non será posible nesa data por un problema familiar.

Unha vez contrastada a axenda, e dado o interese do arquitecto en coñecer Pontevedra e o traballo da Deputación en persoa, xa está fixada unha nova data.

Finalmente a visita presencial de Jan Gehl a Pontevedra está prevista para o vindeiro 16 de decembro, coincidindo coa Clausura Oficial da Facultade Ágora, onde realizará unha conferencia maxistral.

Enlace á nova anterior.