Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2023

10 maio 2023

No ano 2023 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2023 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado estará composto por:

Presidente:

  • Gonçalo Byrne, Arquitecto Portugués.

Secretario:

  • Pedro Calaza Martínez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, Doutor Arquitecto da Paisaxe e Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.

Vocais:

  • Maria Isabel Iglesias Díaz, Doutora en Ciencias Biolóxicas e Profesora Titular do departamento de Produción Vexetal e Proxectos da Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Teresa Táboas Veleiro, Doutora Arquitecta e Membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos.
  • Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUSeCARASCO, con varios galardóns, entre eles o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de vivendas unifamiliares e o Premio da Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.
  • Encarna Otero Cepeda, Historiadora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
  • Jesus Sánchez García, Catedrático de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2023.

Convocatoria 2023

Compartir