Convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

2 Abr 2024

O obxecto destas subvencións é o de apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.

Beneficiarios
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Prazo: ate o 19 de abril de 2024

INFO

DOG

IN421S

Compartir