Concurso revista Obradoiro

7 Out 2024

Tal e como se indica na Circular 16 2024, a Xunta de Goberno na súa sesión 28/2024 de 3 de outubro, adoptou o acordo de aprobar as bases do Concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, números 35, 36 e 37.

A revista Obradoiro dende a súa creación en 1978, converteuse nunha referencia continua dos valores e aportacións que a arquitectura ten feito á cultura, ao territorio e a sociedade galega. Pasando por varias definicións formais e con directivas editoriais diversas mantivo sempre o foco na innovación e adaptacións constantes da arquitectura galega aos cambiantes tempos do último cuarto do século XX ate chegar á súa última época cos números 33 e 34 publicados entre o 2008-2012. Durante todo ese tempo a publicación expresou continuamente as inquedanzas do ámbito arquitectónico galego, sempre ligadas e moi próximas aos campos paralelos da investigación a docencia, así como aos problemas culturais e socio económicos do pais galego dende a expresión arquitectónica. A revista Obradoiro foi así elemento de identidade e rexistro do corpo de arquitectas e arquitectos durante estes 50 últimos anos.

O prazo de presentación de candidaturas finalizará ás 23:59 horas do 25 de novembro de 2024.

As bases completas poden consultarse no seguinte enlace: BASES DO CONCURSO

 

Compartir