Club de Lectura Hai Mulleres – Teresa Táboas Veleiro «Les Amazones»

15 Dec 2022

O vindeiro mércores 21 de decembro, ás 19,30 horas, terá lugar no convento de Santa Clara en Pontevedra, unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Teresa Táboas Veleiro sobre a súa obra “Les Amazones”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.

O enlace para o acceso é o seguinte:

https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZ0vd-yrrTguHdG4JO6ubeg5IxdEWBIAzP1L

Como en sesións anteriores, a través dun directo, falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta. Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

Esta actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.

Agradecemos ao Concello de Pontevedra a cesión do espazo para a realización desta sesión.

Lugar: Convento de Santa Clara
Rúa Santa Clara s/n –
36002 – Pontevedra

Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.

Compartir