Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da introdución da secretaria do COAG, María Pierres e de Paula Alfonso e a entrevista con Teresa Táboas. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas.
Nesta ocasión tivo lugar a primeira intervención da mañán, na que fixeron unha introducción do evento, e de seguido tivo lugar o relatorio con Teresa Táboas Veleiro, Vicepresidenta da U.I.A.
