Acto de presentación das intervencións realizadas no patrimonio en madeira da Catedral de Santiago

31 Xan 2023

O venres 3 de febreiro ás 10:00h, no Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, terá lugar o Acto de presentación das intervencións realizadas no patrimonio en madeira da Catedral de Santiago no marco da colaboración entre a Fundación Catedral e a Axencia Galega da Industria Forestal para a contribución á conservación do rico patrimonio en madeira que alberga o templo.

Agradecemos confirme a súa asistencia utilizando o seguinte formulario: https://forms.gle/EV3dMjETKSHLnVgn8. Empregando este mesmo enlace, poderá solicitar a súa participación na visita á Catedral, con aforo limitado, que terá lugar pola tarde.

 

Compartir