Dende a Delegación de Pontevedra do COAG temos o pracer de convidarvos á primeira das visitas organizadas ás obras recoñecidas co Premio Gran de Area 2024 situadas no ámbito da nosa delegación ou realizadas por arquitectos pertencentes a ela.
Nesta ocasión, visitaremos a obra “Acondicionamento parcial de planta baixa para oficinas de produtora musical”, en Ponte Caldelas, dos arquitectos Luciano González Domínguez e Miguel Estévez Gómez.
Data: sábado, 5 de xullo
Hora: 12:00 h
Punto de encontro: Avenida de Vigo, 16 (xunto ao parque infantil) https://maps.app.goo.gl/n9XC14FYz8DE84hJ8, Ponte Caldelas
Durante a visita, os arquitectos autores do proxecto explicarán o proceso e os criterios de intervención. Contaremos tamén coa participación do promotor da obra, Josiño Carballo, e da empresa construtora e enxeñaría encargada das instalacións, DEXO, que compartirán a súa experiencia na execución desta intervención recoñecida “pola valente proposta de microcirurxía e posta en valor de preexistencias para albergar unha produtora musical alternativa”.
Ao remate da visita, convidarémosvos a compartir uns petiscos no propio local, nun ambiente distendido que nos permitirá seguir intercambiando impresións.
A visita é aberta ao público pero, por cuestións de organización, prégase confirmar a asistencia NA SEGUINTE LIGAZÓN antes das 14:00 horas do venres 4 de xullo.
Animámosvos a participar nesta actividade que pon en valor a arquitectura realizada na nosa contorna e o traballo dos compañeiros e compañeiras.
Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG