Esta modificación, que entrará en vigor o próximo 15 de outubro, non será de aplicación obrigada aos proxectos visados de acordo coa normativa anterior nin a aqueles cos que se solicite licenza nun prazo máximo de tres meses desde a súa entrada en vigor.
O próximo martes día 26 de setembro, de 16:30 a 19:30, o COAG organizará unha xornada de asesoramento na que analizaremos en detalle as principais novidades incorporadas nesta modificación. Para o seguemento en directo desta xornada, requírese inscrición no seguinte [+enlace]