Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG-EGAP 2022 2023. Publicada convocatoria oficial. Apertura matrícula venres 17 de decembro

16 decembro 2021

O xoves día 16 de decembro publicouse no DOG a convocatoria oficial do Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2022-2023. Tal como se indica no texto da devandita convocatoria, o prazo de matrícula abrirase ás 8:00 horas de mañá venres 17 de decembro. O acceso ás 40 prazas dispoñibles será por rigorosa orde de inscrición.

No seguinte enlace podedes consultar toda a información correspondente aos contidos do curso como ao procedemento de matrícula, prazos de inscrición e pago, e documentación acreditativa necesaria en función do tipo de solicitante, así como acceder á publicación no DOG.

[+máis información e inscrición]

Compartir