Presentación do número 36 da revista Obradoiro

2 Out 2026

O vindeiro 9 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Arquitectura, terá lugar na Delegación do COAG en Vigo a presentación do número 36 da revista Obradoiro “Urbanidades”, editada por Manuel Bouzas, María Fandiño, Roi Salgueiro e Teresa Sánchez.

Desde a súa creación en 1978, a revista Obradoiro foi un referente na difusión dos valores e achegas da arquitectura galega á cultura, ao territorio e á sociedade. Tras o exitoso relanzamento do ano pasado, co que se puxo fin a trece anos de pausa, continuamos agora co lanzamento do número 36.

Neste número, Obradoiro 36, o Colexio de Arquitectos de Galicia baixo o título “Urbanidades” preséntase como as cidades e vilas, periferias e aldeas, infraestruturas e espazos produtivos conforman un mesmo sistema territorial. As categorías de urbano e rural mestúranse e xa non son dabondo para explicar como habitamos.

Obradoiro 36: Urbanidades propón unha mirada transversal sobre os modos de habitar e construír o territorio galego. Galicia é unha realidade extensa, fragmentada e complexa.

  • Día: 9 de outubro.
  • Hora: 19,00 h.
  • Localización: Delegación do COAG en Vigo (Rúa do Doutor Cadaval, 5. Vigo)

Finalizado o acto, servirase un aperitivo para os asistentes.

O aforo é limitado, sendo precisa a inscrición a través da seguinte LIGAZÓN.

Compartir