Este Seminario, que está coorganizado por UNISCAPE, a Universidade da Coruña e o COAG, propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.
Estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:
- LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
- LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
- LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.
Prezo de inscrición reducido para colexiados do COAG. Máis información e inscrición neste enlace.