#COAGconta: HS 6 Protección fronte á exposición ao radón

8 maio 2024

Hoxe, mércores 8 de maio ás 12:00 horas, Pilar Linares Alemparte e Sonia García Ortega -IETcc-CSIC- desenvolverán esta esixencia básica de Protección fronte á exposición ao radon, incluíndo o Documento Básico HS6, así como Guía  Rehabilitación fronte ao radon do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana.

O xoves 16 de maio ás 12:00 horas, Borja Frutos Vázquez -IETcc-CSIC- explicaranos os remedios para a protección fronte á exposición ao radón. “Medidas de mitigación fronte ao radón. Da investigación á práctica”.

Para o seguimento en directo das xornadas, é necesaria inscrición en cada unha delas na seguinte  [+ ligazón]

O Documento Básico HS 6 caracteriza e cuantifica a esixencia básica, establece os municipios con risco, expón as solucións aceptadas que se poden empregar para o cumprimento da devandita esixencia segundo sexa o nivel de risco existente e describe o protocolo de medida de radon nos edificios. A Guía Rehabilitación fronte ao radon, pola súa banda, recolle os conceptos básicos necesarios para entender os mecanismos de entrada do radon procedente do terreo nos edificios, así como constitúe unha ferramenta de apoio para o diagnóstico das vías de entrada de radon e o deseño das solucións aceptadas expostas no Documento Básico. Pilar Linares Alemparte e Sonia García Ortega, do Instituto de ciencias da construción Eduardo Torroja do CSIC, forman parte do equipo redactor do DB HS 6 e son autoras de Guía Rehabilitación fronte ao radon.

Compartir