#COAGconta: Caso de éxito de vivenda con perspectiva de xénero: A comunidade habitacional

6 maio 2026

O mércores 20 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG celebra unha nova xornada sobre casos de éxito con perspectiva de xénero co proxecto de A comunidade habitacional, de Cierto Estudio.

A comunidade habitacional é o titulo da conferencia, e tamén do proxecto gañador do concurso internacional Illa Glòries en Barcelona. A proposta aborda a vivenda colectiva como unha oportunidade para repensar como vivimos hoxe, poñendo no centro ás persoas e as súas diversas formas de habitar.

A través do proxecto, explorarase como a incorporación da perspectiva de xénero no deseño arquitectónico permite xerar espazos máis equitativos, inclusivos e comunitarios, desdibujando xerarquías domésticas e favorecendo novas relacións entre o privado e o colectivo.

Ver máis

CASOS DE ÉXITO. PERSPECTIVA DE GÉNERO: LA COMUNIDAD HABITACIONAL 
CIERTO ESTUDIO

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]

Colabora  

Compartir