Visita guiada á exposición “A Coruña Cidade”

24 Nov 2026

O venres 27 de novembro, ás 13:00 horas, a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ofrécevos unha visita guiada á exposición do artista Vítor Mejuto.

Síntese

«A cidade, como feito construído, móstrase como un conxunto extenso de pezas, ás veces herméticas e, outras veces, evocadoras. Os cadros que integran A Coruña Cidade conforman unha paisaxe urbana transformada en caligrafía visual, en secuencias de alta intensidade significativa, en planos e cores que atrapan a realidade e a memoria nunha única experiencia estética.

O artista, Vítor Mejuto, e máis o comisario, Fernando Agrasar, de A Coruña Cidade, acompañarán ás persoas colexiadas no COAG que queiran sumarse á visita á mostra».

DATA
Venres 27 de novembro de 2026– 13:00 horas

LUGAR
Sede AFundación, Cantón Grande, 8, A Coruña

ORGANIZA
Comisariado da exposición e Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Compartir