O vindeiro mércores, día 30 de setembro, ás 18:30h, terá lugar a xornada “Construír con Pizarra”, a cargo de Carlos Quintáns Eiras. Nela, o arquitecto presentará a nova edición da publicación “Pizarra”, editada polo Clúster da Pizarra de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia.
Quintáns explicará o proceso de elaboración do libro, que reúne textos e fotografías de destacados autores para amosar a relevancia histórica, técnica e contemporánea da lousa galega, un material esencial na arquitectura pola súa durabilidade, versatilidade e valor cultural.
A presentación ofrecerá unha mirada actual sobre o uso da pizarra en cubertas e fachadas, así como exemplos recentes de arquitectura nacional e internacional que incorporan este material.
Para seguila xornada online en directo, podedes facelo a través desta ligazón [inscripción gratuita].
![2026_Construir con pizarra [GAL]](https://portal.coag.es/wp-content/uploads/2026/09/2026_Construir-con-pizarra-GAL.jpg)