Curso de verán da UdC: Obradoiros de Morfoloxía Urbana

18 Xul 2017

As xornadas de morfoloxía urbana da Universidade da Coruña, de 30 horas de duración, buscan recoller o testigo deixado polas experiencia do PNUM en 2015 e 2016, tentando no encontro de A Coruña establecer unha reflexión sobre a situación actual da cidade europea moderna. Terán lugar na ETSA-A Coruña e na Fundación Luis Seoane.

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 30 de xullo de 2017.

O evento, de carácter internacional, achega á cidade ao PNUM, unha rede de investagación lusófona de morfoloxía urbana (vencellada a outros organismos internacionais) e que ten por obxectivo comprender e analizar distintos espazos de actualidade dentro da cidade, tales como a Cidade Vella-Parrote, a Peixería ou o Ensanche e muelles de San Diego.
O formato será duplo, unha xornada de conferencias e debate e 3 días de traballo con alumnos e profesionais que desembocarán nunha presentación pública na sede da Fundación Luis Seoane, na que se explicará o aprendido durante os obradoiros frente a un xurado de prestixo internacional.
No evento colaboran xa:
– CONCELLO DE A CORUÑA, Concellería de Culturas
– FUNDACIÓN LUIS SEOANE
– UNIVERSIDADE DE PORTO
– INSTITUTO UNIVERSITARIO DE LISBOA
– INSTITUTO CAMÕES
Existe ademais unha web para a difusión da actividade, na que iremos engadindo máis información:
https://pnumcoruna17.wordpress.com
A inscripción realízase a traveso do portal da UdC:

 

Compartir