2ª Sesión Páxina Par. Encontros de Arquitectura e Literatura

8 maio 2019

Hoxe, mércores 8 de maio, terá lugar a segunda seción dos II Encontros de Arquitectura e Literatura, PÁXINA PAR, que organiza a Delegación de Santiago de Compostela xunto coa Fundación Eugenio Granell co obxectivo fomentar a difusión cultural como unha das facetas da nosa profesión especialmente vinculada á vida social da cidade.

Na súa primeira edición, as xornadas estiveron dedicadas ao Espazo Urbano e, na presente, tratarase o Espazo Doméstico privado desde a literatura. O Espazo Doméstico como o lugar no que pasamos máis tempo e no que se desenvolve a personalidade, no que sentimos protexidos, en casa… Este lugar vese reflectido en numerosas obras literarias pero tamén en moitas outras manifestacións artísticas como a pintura ou o cinema.

Con este tema de fondo realizaranse unhas breves lecturas de obras literarias seleccionadas para, a continuación, a través da análise dos fragmentos dos textos, que cada un dos lectores nos conte a súa concepción do espazo doméstico privado.

Dada a presenza que o Espazo Doméstico ten en todas as manifestacións da arte, este ano participan na lectura artistas plásticos ademais de arquitectos en cada unha das sesións.

Mércores 8 de maio
Manuel Carbajo e Celso Barrios (Carbajo Barrios Arquitectos)
María Meijide (Artista)
Idoia Camiruaga Ouses (Consorcio de Santiago de Compostela)
Jorge Varela (Artista)

O evento terá lugar a partir das 19:00 no espazo da biblioteca da Fundación Granell na praza do Toural. Despois da lectura terá lugar un momento de encontro no que todos os asistentes poderán intercambiar impresións ao redor dun viño español.

Animámosvos a asistir e a compartir este encontro cos cidadáns.

A Xunta Directiva da Delegación de Santiago de Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia

Compartir